|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os traballadores manteñen a súa demanda de cambio de trazado dadas as graves repercusións que a construción do TAV polo actualmente previsto tería para a explotación da mina de Ramsa e, en consecuencia para os seus postos de traballo. Ademais afectaría tamén aos traballadores de Cee, Sabón e Ferroatlántica. Esta concentración prodúcese logo da entrevista que o pasado mércores día 22 de novembro mantiñan co delegado do Goberno. Unha xuntanza na que Manuel Ameijeiras se comprometía a trasladar a información proporcionada polos representantes dos traballadores tanto ao Ministerio de Fomento como ao presidente da Xunta e de xestionar unha entrevista con ambas partes. Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela, explica que os traballadores levan recollidas xa máis de 1.000 sinaturas entre os veciños das zonas afectadas en apoio ás súas reivindicacións. Sinaturas que foron entregadas tamén a Ameijeiras para que coñecera o alcance do problema. |
|||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/11/2006 |
|||||||||||||||
|