Actualidade / Opinión Volver


Santiago, 1 de decembro de 2006

DESDE O VENTRE DA BALEA
Unha nación chamada Quebec

 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


O soño independentista é algo longamente acariñado para a comunidade quebequense, que realizou senllos referendos acerca da súa soberanía nos anos 1980 e 1995, respectivamente. O último deles deu como resultado un empate técnico entre os partidarios da soberanía e os defensores de manterse como provincia canadense. Só un punto porcentual -50,5% fronte a 49,95%-, e menos de 50.000 votos dun total duns cinco millóns de votantes, separara os segundos dos primeiros, no que foi unha vitoria pírrica dos ‘unionistas’ quebequenses.



  Nena Quebec, clic para aumentar
Aberta como está esta vía democrática cara á soberanía no Quebec, vai ser difícil que se sigan a manter determinadas posturas no Estado español acerca de como tratar a cuestión territorial no que respecta a Galiza, Euscadi e Catalunya. E aí o PSOE vai ter que ir madurando a súa alternativa futura, que deberá pasar inevitabelmente por que a capacidade de decisión estea democraticamente radicada nos cidadáns e cidadás destes territorios.
 
Zoan ventos de independencia no Quebec. O recoñecemento desta comunidade histórica de fala francesa como ‘nación’ feito pola Cámara dos Comúns de Canadá (o seu parlamento), o pasado luns, aínda dentro do actual estado canadense é un paso posibelmente irreversíbel para a súa constitución nun estado propio. Algo que, por comparación, está a poñer nervioso ao españolismo rampante do Estado español, tanto o que rema a babor como a estribor. Españolismo que se atrincheira negando calquera semellanza entre o caso canadense e a cuestión territorial por estes pagos.

Postos a estabelecer diferenzas, o certo é que en rigor están non serían poucas, máxime se se atende a factores como o da presenza de comunidades indíxenas en Canadá e no propio Quebec, que están lonxe de ver recoñecidos dereitos de carácter identitario e demais. Pero malia esas diferenzas, o que non se pode obviar é que estamos asistindo a un novo parto no escenario das nacións recoñecidas como tales a escala mundial, de xeito similar ao que viamos aí atrás no caso da ex-república iugoslava de Montenegro. Nacións que acceden ao exercicio dos seus dereitos políticos nun contexto como o dos inicios de século XXI, e sendo estes uns territorios que non viñan recibindo precisamente a cualificación de colonias nin nada parecido.

O soño independentista é algo longamente acariñado para a comunidade quebequense, que realizou senllos referendos acerca da súa soberanía nos anos 1980 e 1995, respectivamente. O último deles deu como resultado un empate técnico entre os partidarios da soberanía e os defensores de manterse como provincia canadense. Só un punto porcentual -50,05% fronte a 49,95%-, e menos de 50.000 votos dun total duns cinco millóns de votantes, separara os segundos dos primeiros, no que foi unha vitoria pírrica dos ‘unionistas’ quebequenses, que contan, dito sexa de paso, con todo o apoio da práctica totalidade das forzas políticas do Canadá, así como de boa parte dos poderes económicos.

O que parece claro é que o recoñecemento do Parlamento canadense de os quebequenses conformaren unha nación -mesmo incorporando a apostila “dentro de Canadá”- vai conducir inexorabelmente nos vindeiros anos a unha nova consulta popular, que determine o grao de soberanía nacional da que quere gozar o pobo quebequense.

Aberta como está esta vía democrática cara á soberanía no Quebec, vai ser difícil que se sigan a manter determinadas posturas no Estado español acerca de como tratar a cuestión territorial no que respecta a Galiza, Euscadi e Catalunya. E aí o PSOE vai ter que ir madurando a súa alternativa futura, que deberá pasar inevitabelmente por que a capacidade de decisión estea democraticamente radicada nos cidadáns e cidadás destes territorios. Mesmo á hora de enfrontar a solución ao chamado contencioso vasco, que poña fin á violencia política en Euscadi, a posíbel saída vai ter que afondar en aspectos desta índole, se realmente se quere chegar a bo porto. Desgrazadamente, polo que se até o de agora, isto non está a ser así e non se quere asumir a capacidade de decisión sobre o seu futuro do conxunto do pobo vasco como un dereito impostergábel a exercer.

O exemplo quebequense e do propio Parlamento de Canadá, recoñecendo o Quebec como unha nación, é un síntoma de que determinadas realidades non son tan inmutábeis como nos queren vender. Non habería que deixar pasar a oportunidade e, tamén nós, plasmar no texto estatutario galego a nosa vocación de sermos ‘nación’. Así, sen adxectivos. Nación. Por historia, por cultura, por vontade.


Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2006.

 
 

Rafa Villar,
escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.

  Rafa Villar
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta