ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de novembro de 2006

Organizado polas Secretarías da Muller da CIG, CCOO e UGT coa colaboración do Concello
XI Encontro Sindical da Muller “Camiñar pola igualdade” o 9 e 10 de novembro en Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Cartaz XI Encontro Sindical da Muller, clic para aumentar
 
As xornadas “Camiñar pola igualdade” do XI Encontro Sindical da Muller terán lugar no Hotel Coia de Vigo o xoves 9 de novembro, de 9:30 a 19:00 horas, e o venres 10, de 9:30 a 14:30 horas. Están organizadas polas Secretarías da Muller de CCOO, UGT e CIG, coa colaboración da Concellaría da Muller do Concello de Vigo.

Os obxectivos que se marcaron as organizadoras para as xornadas “Camiñar pola igualdade” son os seguintes:

  • Analizar a situación das mulleres nos diversos ámbitos laborais.

  • Avaliar as discriminacións directas e indirectas nas empresas.

  • Concienciar aos empresarios/as para conquerir accións encamiñadas cara a igualdade.

  • Fomentar a corresponsabilidade.

  • Erradicar nos documentos oficiais e sindicais toda a linguaxe discriminatoria de orixe sexista.

A continuación reproducimos o programa das xornadas:

Día 9
09:30 Inauguración.
10:00 Estudo comparativo por sectores.
11:00 Experiencias discriminatorias. Talleres.
12:00 Pausa, café.
12:15 Colaborar e participar coas e cos axentes sociais en medidas especifícas que favorezan a igualdade.
13:15 Coloquio.
14:00 Xantar.
16:30 Promover iniciativas que eliminen a linguaxe sexista nos ámbitos oficiais.
Día 10
09:30 Proxección película. Coloquio.
12:00 Pausa, café.
12:30 A corresponsabilidade como participación activa. Conclusións.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta