|
Actualidade CIG-Comunicación-
Este sector, con unha gravidade contrastada nas canteiras, sofre unhas condicións laborais penosas, postas de manifesto en todos os estudos epidemiolóxicos e de condicións de traballo realizados, que se reflicten nunha alta porcentaxe de afeccións graves como a silicose ou a xordeira. Desde a CIG, en concreto desde a Federación da Construción, lévase tempo reivindicando a adopción de medidas específicas para poñer freo á situación. As xestións realizadas pola central sindical deron como froito que aos traballadores/as das canteiras de Galiza se lles apliquen coeficientes redutores na idade de xubilación. No sector de transformación (talleres de corte, labrado, pulido e colocación) este dereito é denegado pola Administración estatal –máis empeñada en alongar a idade de xubilación que en reducila, con estrañas complicidades sociais– aínda que foi recoñecido nalgún caso polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Na actualidade estase pendente doutras setenta sentencias na provincia de Pontevedra. Os últimos estudos revelan o alto índice do sílice do granito e as difíciles condicións de traballo, polo que é preciso que estes coeficientes sexan revisados para lograr acurtar máis a exposición dos traballadores aos perigos inherentes á actividade. Neste sentido a CIG solicitou no mes de maio a equiparación dos coeficientes redutores aos das categorías de interior da minería do carbón, para posibilitar xubilacións a partires dos 55 anos, e que se inclúan na mesma aos traballadores das empresas transformadoras. Esta mesma petición foi reiterada en novembro polos tres sindicatos con representatividade no sector (CIG, CCOO e UGT) e respaldada pola Asociación de Canteiros de Galiza, a organización empresarial máis representativa. Por outra parte, nunha reunión recente entre sindicatos e patronal acordouse impulsar un único convenio colectivo para o sector da Pedra en Galiza. As reivindicacións do sector e que os sindicatos ten presentado ante as administracións e a patronal pódense resumir na seguinte enumeración. Un Plan Estratéxico para o sector da Pedra en Galiza que inclúa:
Os sindicatos tamén están a exixir que se depuren as responsabilidades que teñen as mutuas, xa que resulta inaudito que fosen incapaces de detectar as afeccións dos traballadores do sector, a pesar de que é obriga das mesmas realizar os recoñecementos médicos axeitados ás características de cada posto de traballo. Para respaldar estas reivindicacións, a Asemblea decidirá unha campaña de mobilizacións, que desde a CIG consideran deben ser inmediatas, masivas e continuadas para exixir que, coa urxencia que o caso require, se apliquen as medidas solicitadas e deste xeito se poña fin a unha situación de inxustiza e discriminación manifesta. Neste sentido, chamarán ao conxunto de organizacións políticas, sociais e institucións dos concellos con maior incidencia desta actividade a somarse ás mesmas, para corrixir unha situación que transcende ao ámbito laboral, converténdose nun problema social de considerábel incidencia. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2006 |
||||||
|