ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 21 de decembro de 2006

Os empresarios ignoran os compromisos adquiridos coa parte social e non participan nas mesas de negociación
CIG-Saúde urxe á patronal a negociar o convenio de 2007 da Sanidade privada de A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Sanidade privada A Coruña, clic para aumentar
As principais demandas dos/as empregadas do sector pasan por reducir a xornada laboral, que supera actualmente as 1.826 horas anuais, garantir os descansos semanais e conseguir maiores ascensos retributivos.
 
CIG-Saúde esixe á patronal da Sanidade privada que comece a negociar sen dilación o convenio colectivo da provincia de A Coruña do próximo ano. A central nacionalista apoiou o pasado día 20 unha concentración de traballadores e traballadoras diante das portas da Confederación de Empresarios de A Coruña, para amosar o seu rexeitamento á estratexia dilatoria que está a empregar o empresariado.

A patronal rachou co compromiso adquirido cos sindicatos de iniciar en outubro as conversas sobre a sinatura do convenio colectivo de 2007. O empresariado aínda non se sentou a negociar, malia ter sido convocado a varias xuntanzas neste mesmo mes de decembro.

“Foi imposíbel sentarnos a negociar coa patronal e cada vez que a citamos non acode ás xuntanzas. Están a volver as dinámicas de retrasar a sinatura dos convenios, tal como ocorreu co de 2004-2005”, sinala Xan Sande, secretario comarcal de CIG-Saúde, quen tamén denuncia a conxelación salarial que están a sofrer os 4.000 traballadores da Sanidade privada da provincia.

As principais demandas dos/as empregadas do sector pasan por reducir a xornada laboral, que supera actualmente as 1.826 horas anuais, garantir os descansos semanais e conseguir maiores ascensos retributivos, “xa que os salarios seguen a estar moi por debaixo non só dos da Sanidade pública, senón tamén aos do resto da clase traballadora”, afirmou Sande.

O secretario comarcal de CIG-Saúde adiantou novas medidas de presión se os empresarios non se sentan a negociar durante o mes de xaneiro.

 
 
Informacións relacionadas
07/12/2006 CIG-Saúde denuncia o incumprimento do acordo de negociación do convenio da Sanidade privada
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/12/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta