|
Actualidade
Santiago, 7 de decembro de 2006
Informe CIG-Economía
Evolución salarial en Galiza: 2000-2005
A Axencia Tributaria elabora todos os anos unhas
estatísticas sobre os ingresos que se declara á Facenda dos asalariados, desempregados e pensionistas
do Estado español.
Utilízase como base para o estudo a Declaración
Anual de Retencións e Ingresos a conta sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas,
premios e determinadas imputacións de renda (modelo 190). É, polo tanto, unha base moi exhaustiva
de información; trátase ademais, dunha declaración que non posúe ningún suposto
de exención da obriga de declarar. Así, todas as entidades, incluídas administracións
públicas, que pagan salarios, pensións ou prestacións por desemprego están obrigadas
a presentar o modelo, con independencia da personalidade, a actividade, a dimensión ou o carácter
público ou privado destas; polo que a información é exhaustiva e moi detallada.
A información preséntase tanto a
nivel estatal como de comunidade e nalgúns casos provincial, o que nos permite comparar entre as distintas
comunidades do Estado español.
Comezamos polos salarios.
Os salarios
Un dos primeiros datos a ter en conta é
o das diferenzas dos ingresos dos/as asalariadas por comunidades autónomas. Na táboa seguinte expóñense
estes, segundo o domicilio do perceptor/a, para o ano 2005.
| Asalariados/as, salarios por comunidade autónoma |
| Comunidade autónoma |
Asalariados/as
|
Salarios (€)
|
Salario medio
|
Media EE
|
| Total |
18.359.870
|
294.079.446.473
|
16.017,51
|
100,00
|
| Andalucía |
3.271.430
|
43.123.438.484
|
13.181,83
|
82,30
|
| Aragón |
570.683
|
9.715.643.991
|
17.024,59
|
106,29
|
| Principado de Asturias |
413.852
|
6.938.620.885
|
16.765,95
|
104,67
|
| Illes Balears |
464.903
|
7.143.896.532
|
15.366,42
|
95,94
|
| Canarias |
881.687
|
12.240.283.547
|
13.882,80
|
86,67
|
| Cantabria |
236.350
|
3.930.249.607
|
16.628,94
|
103,82
|
| Castela A Mancha |
760.509
|
10.948.741.142
|
14.396,60
|
89,88
|
| Castela e León |
1.003.035
|
16.028.244.092
|
15.979,75
|
99,76
|
| Catalunya |
3.425.713
|
60.900.665.034
|
17.777,52
|
110,99
|
| Estremadura |
416.813
|
5.102.031.085
|
12.240,58
|
76,42
|
| Galiza |
1.065.340
|
15.859.477.753
|
14.886,78
|
92,94
|
| Comunidade de Madrid |
2.943.945
|
60.162.458.003
|
20.436,00
|
127,59
|
| Rexión de Murcia |
626.863
|
8.023.728.183
|
12.799,81
|
79,91
|
| Navarra |
33.518
|
656.212.853
|
19.577,92
|
122,23
|
| Euscadi |
190.764
|
4.698.251.734
|
24.628,61
|
153,76
|
| A Rioxa |
136.914
|
2.174.489.105
|
15.882,15
|
99,15
|
| Comunidade Valenciá |
2.088.295
|
30.798.859.554
|
14.748,33
|
92,08
|
| Fonte: Axencia Tributaria, ano 2005. |
Os ingresos brutos por salarios no ano 2005 foron
de media de 16.017,51 euros por traballador/a no Estado español, 14.886,78 no caso de Galiza, un 92,94 da
media estatal, ocupando a décima posición neste ránking. No ano 2000, outro ano que imos tomar
de referencia para a análise, situabámonos no undécimo lugar; hai polo tanto unha leve melloría.
Sendo a negociación colectiva en Galiza
moi viva, o feito de que un número elevado de convenios se sigan a negociar fóra do ámbito
do noso país leva a que acadar a media estatal en salarios se converta nunha ardua e lenta tarefa. Ademais
disto, os acordos interconfederais asinados pola patronal e CCOO e UGT, así como moitos dos pactos que trasladan
á clase traballadora as políticas macroeconómicas sobre fiscalidade e contención de
salarios, están a provocar que o incremento de salarios estea sempre ligado ao IPC, o que conleva que o
poder destes salarios perda capacidade a respecto do custo real da vida.
Cómpre, xa que logo, un marco galego
de relacións laborais que nos permita acelerar este proceso. Sirva de exemplo o caso vasco, a comunidade
con maior descentralización neste terreo e con maiores salarios.
Non esquezamos, así mesmo, a especialización
produtiva de cada territorio, no que Galiza se ve prexudicada polo maior peso de sectores pouco especializados
e polo tanto de menores salarios.
Deixando de lado a posición de Galiza,
a primeira conclusión clara deste táboa, son as enormes diferenzas de salarios que hai entre as distintas
comunidades autónomas; os salarios medios dos traballadores de Euscadi duplican os dos seus homólogos
estremeños; entre estes dous extremos a variedade é múltiple.
Hai 7 comunidades con salarios por encima da media
estatal, destacando o caso de Euscadi, como xa comentamos, e a certa distancia Navarra e Madrid.
No resto, os asalariados/as teñen uns ingresos
inferiores á media; Galiza ocupa o sétimo lugar con menores ingresos.
Tan importante como coñecer a situación
actual é ver a evolución no tempo, para o que collemos de referencia o ano 2000. Achéganse
tanto en datos como de forma gráfica.
| Evolución dos salarios medios |
| Comunidade autónoma |
2005
|
2000
|
Diferenza
|
IPC
|
D-IPC
|
| Total |
16.017,51
|
13.279,35
|
20,62
|
22
|
-1,38
|
| Andalucía |
13.181,83
|
10.466,78
|
25,94
|
22
|
3,94
|
| Aragón |
17.024,59
|
13.930,79
|
22,21
|
22
|
0,21
|
| Principado de Asturias |
16.765,95
|
13.439,67
|
24,75
|
22
|
2,75
|
| Illes Balears |
15.366,42
|
12.455,06
|
23,37
|
22
|
1,37
|
| Canarias |
13.882,80
|
11.820,51
|
17,45
|
22
|
-4,55
|
| Cantabria |
16.628,94
|
13.680,46
|
21,55
|
22
|
-0,45
|
| Castela A Mancha |
14.396,60
|
11.638,45
|
23,7
|
22
|
1,7
|
| Castela e León |
15.979,75
|
13.064,45
|
22,31
|
22
|
0,31
|
| Catalunya |
17.777,52
|
14.964,35
|
18,8
|
22
|
-3,2
|
| Estremadura |
12.240,58
|
9.611,35
|
27,36
|
22
|
5,36
|
| Galiza |
14.886,78
|
12.229,54
|
21,73
|
22
|
-0,27
|
| Comunidade de Madrid |
20.436,00
|
17.415,60
|
17,34
|
22
|
-4,66
|
| Rexión de Murcia |
12.799,81
|
10.877,32
|
17,67
|
22
|
-4,33
|
| Navarra |
19.577,92
|
13.782,47
|
42,05
|
22
|
20,05
|
| Euscadi |
24.628,61
|
19.415,72
|
26,85
|
22
|
4,85
|
| A Rioxa |
15.882,15
|
13.129,92
|
20,96
|
22
|
-1,04
|
| Comunidade Valenciá |
14.748,33
|
12.223,91
|
20,65
|
22
|
-1,35
|
| Fonte: Axencia Tributaria. |
No que respecta á evolución dos
salarios, na media do Estado incrementáronse un 20,6%, por debaixo do incremento do prezos, que para o mesmo
período o fixeron un 22%.
No caso de Galiza, o incremento dos salarios foi
superior ao incremento medio estatal, pero inferior ao aumento da inflación. Deuse polo tanto un acercamento
ao salario medio estatal -no 2000 estaba no 92,09 da media e no 2005 sitúase no 92,94, case un punto de
mellora-, pero unha perda de poder adquisitivo de 0,3 décimas.
Comentábamos antes as enormes disparidades
ou diferenzas que había entre as distintas comunidades no ano 2005. O último cadro constata que estas
van en aumento. Un só dato, a diferenza entre a de maiores ingresos (Euscadi) no ano 2000, e a de menores
(Estremadura) era de 73,8 puntos, a finais de 2005 a diferenza é de 77,3. Polo medio, a variedade é
múltiple.
Nesta evolución non so inflúen os
incrementos salariais anuais, senón tamén os salarios dos novos traballadores que entran ano tras
ano no mercado laboral.
En anteriores traballos temos chamado a atención
sobre como a precariedade laboral non só afecta á estabilidade no emprego, senón tamén
ao nivel e ingresos dos/as traballadoras que a sofren. Os datos indican que as/os traballadores con contrato temporal
cobran substancialmente menos que as/os seus homólogos cun indefinido, na medida en que estes son máis
numerosos afectan aos salarios medios cara a baixo. Non debemos esquecer tampouco o número nada desprezábel
de contratos a xornada parcial, os cales tamén teñen incidencia nestes resultados.
Mulleres, inmigrantes e os máis novos,
son as/os máis afectados polos contratos precarios, na medida en que estes se incorporan ao mercado laboral,
os salarios medios tiran á baixa, incrementándose as desigualdades entre a clase traballadora. Nos
cadros seguintes anótanse os salarios, por tramos de salario e a evolución con respecto ao ano 2000.
Salarios por tramos
| Asalariados/as e salarios por tramos, Galiza |
| |
2005
|
2000
|
Tramos
de salario |
Asalariados/as
|
%
|
Salario
medio anual
|
Asalariados/as
|
%
|
Salario
medio anual
|
| Total |
1.063.340
|
100,0
|
14.887
|
924.040
|
100,0
|
12.230
|
| De 0 a 0,5 SMI |
160.160
|
15,1
|
1.558
|
153.631
|
16,6
|
1.277
|
| De 0,5 a 1 SMI |
128.825
|
12,1
|
5.430
|
112.744
|
12,2
|
4.481
|
| De 1 a 1,5 SMI |
148.532
|
14,0
|
9.063
|
128.560
|
13,9
|
7.511
|
| De 1,5 a 2 SMI |
208.310
|
19,6
|
12.615
|
180.277
|
19,5
|
10.424
|
| De 2 a 2,5 SMI |
131.867
|
12,4
|
15.945
|
100.959
|
10,9
|
13.224
|
| De 2,5 a 3 SMI |
74.800
|
7,0
|
19.578
|
57.994
|
6,3
|
16.249
|
| De 3 a 3,5 SMI |
54.300
|
5,1
|
23.295
|
44.823
|
4,9
|
19.289
|
| De 3,5 a 4 SMI |
41.401
|
3,9
|
26.872
|
38.665
|
4,2
|
22.308
|
| De 4 a 4,5 SMI |
32.987
|
3,1
|
30.443
|
28.206
|
3,1
|
25.193
|
| De 4,5 a 5 SMI |
23.134
|
2,2
|
33.918
|
23.292
|
2,5
|
28.179
|
| De 5 a 7,5 SMI |
43.831
|
4,1
|
42.660
|
39.710
|
4,3
|
35.353
|
| De 7,5 a 10 SMI |
11.227
|
1,1
|
61.094
|
10.059
|
1,1
|
50.499
|
| Máis de 10 SMI |
5.966
|
0,6
|
108.520
|
5.120
|
0,6
|
91.976
|
| Fonte: Axencia Tributaria. |
Analizábamos anteriormente as fortes diferenzas
que existen entre as distintas Comunidades Autónomas dentro do Estado español, pero as desigualdades
dentro de Galiza, entre a clase asalariada, non son menores:
- O 27,2% dos/as asalariadas en Galiza no ano 2005
obtivo uns ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (en diante, SMI).
- O grupo máis numeroso de asalariados/as
ten uns ingresos medios anuais de entre 1,5 e 2 veces o SMI; de media, 10.424 euros anuais.
- O 60,8% ten ingresos inferiores ao salario medio,
que en 2005 foi de 14.887 euros.
- Hai un 0,6% de asalariados/as cuns ingresos por
conta allea que superan máis de 10 veces o SMI. En conxunto, os ingresos destes 5.966 traballadores/as case
triplican os das/dos 160.160 xuntos, que tiveron os salarios máis baixos.
Con respecto á evolución no período
2005-2000:
- O salario medio do grupo de maiores ingresos
foi o que máis descendeu con respecto á media. No ano 2000 o salario destes estaba no 752,1% da media
e no 2005 descendeu ao 729%; aínda así, sobran comentarios.
- No resto dos grupos a maioría descendeu
levemente, polo que as diferenzas se manteñen practicamente constantes no que vai de século.
- O número de asalariados/as aumentou un
15,1%.
- No único tramo onde descendeu o número
de asalariados/as é no de ingresos entre 4,5 e 5 veces o SMI.
- Entre as/os traballadores de menores ingresos
soamente aumentou o emprego nun 4,2%, pasando de representar o 16,6% en 2000 ao 15,1% en 2005.
- Aumentaron un 16,5%, por riba da media, os/as
traballadoras con ingresos superiores a 10 veces o SMI.
- O colectivo que máis se incrementou foi
o de entre 2 e 2,5 veces o SMI.
Salarios por idade
Comentábamos no comezo deste documento que unha das variábeis con forte incidencia nos salarios é
a idade; non por ser máis novos/as e ter menos experiencia ou estar peor formados/as, senón por que
os cambios na forma de organización da produción e das relacións laborais que se produciron
nestes últimos anos afectan plenamente aos de nova incorporación, polo que as/os máis novos
é un dos colectivos peor parados.
Os datos que se amosan no cadro seguinte permiten reflectir esta realidade.
| Asalariados/as e salarios segundo idade, Galiza |
| |
2005
|
2000
|
% salario medio
|
| Idade |
Asalariados/as
|
Salario
medio
|
Asalariados/as
|
Salario
medio
|
2005
|
2000
|
| Total |
1.065.340
|
14.887
|
924.040
|
12.230
|
100,0
|
100,0
|
| Menor de 18 anos |
6.815
|
3.193
|
5.430
|
2.794
|
21,4
|
22,8
|
| De 18 a 25 anos |
157.404
|
7.146
|
171.016
|
5.900
|
48,0
|
48,2
|
| De 26 a 35 anos |
332.413
|
12.753
|
285.109
|
10.582
|
85,7
|
86,5
|
| De 36 a 45 anos |
268.672
|
16.782
|
231.884
|
14.658
|
112,7
|
119,9
|
| De 46 a 55 anos |
195.301
|
20.123
|
155.778
|
17.251
|
135,2
|
141,1
|
| De 56 a 65 anos |
96.166
|
20.198
|
66.962
|
16.580
|
135,7
|
135,6
|
| Maior de 65 anos |
8.569
|
10.773
|
7.861
|
8.281
|
72,4
|
67,7
|
| Fonte: Axencia Tributaria. |

O gráfico reflicte unha clara progresión
ascendente nos salarios dos/as traballadoras ata a idade de xubilación (no ano 2000, a partir dos 45 anos
descendían levemente); para os/as que seguen traballando despois desta idade, as remuneracións son
moi baixas.
Os 6.815 traballadores/as con menos de 18 que
ao longo de 2005 realizaron algún traballo remunerado por conta allea en Galiza, obtiveron un salario medio
de 2.794 euros anuais; é o grupo peor remunerado.
Ata os 35 anos, os/as galegas, de media, non acadan
o salario medio -ao igual que ocorría no ano 2000-, co agravante de que durante este período a situación
empeorou. En todos os grupos de idade menores de 35 anos, o salario medrou menos que o incremento do salario medio
galego, empeorando a situación con respecto á media.
De todas as maneiras, no grupo onde menos medraron
os salarios foi no de entre 36 e 45 anos -14,5% fronte a 21,7% de media-, pasando de ter uns ingresos equivalentes
ao 119,9% da media a descender ao 112,7%. Neste intervalo de idade concentrouse o grupo máis numeroso de
asalariados/as no ano 2005.
O colectivo mellor pagado é o de idades
comprendidas entre os 56 e os 65 anos cuns ingresos equivalentes ao 135,7% da media galega.
Salarios e sector de actividade
Traballar nun sector de actividade ou outro é
outra das variables influíntes na percepción dun determinado salario.
| Salarios segundo o sector de actividade, Galiza |
| Sector |
Salario
medio 2005
|
Salario
medio 2000
|
Variación
|
% media
2005
|
% media
2000
|
| Total |
14.887
|
12.230
|
21,7
|
100,0
|
100,0
|
| Enerxía e auga |
32.836
|
25.597
|
28,3
|
220,6
|
209,3
|
| Industria |
15.770
|
12.637
|
24,8
|
105,9
|
103,3
|
| Construción e servizos inmobiliarios |
13.062
|
10.178
|
28,3
|
87,7
|
83,2
|
| Comercio |
12.775
|
10.208
|
25,1
|
85,8
|
83,5
|
| Transporte e comunicacións |
15.635
|
13.052
|
19,8
|
105,0
|
106,7
|
| Hostelaría e restauración |
6.945
|
5.553
|
25,1
|
46,7
|
45,4
|
| Entidades financeiras e aseguradoras |
27.481
|
26.312
|
4,4
|
184,6
|
215,1
|
| Servizo ás empresas |
12.642
|
9.030
|
40,0
|
84,9
|
73,8
|
| Ensino e sanidade |
20.197
|
16.017
|
26,1
|
135,7
|
131,0
|
| Outros |
16.263
|
13.925
|
16,8
|
109,2
|
113,9
|
| Sen clasificar |
11.225
|
9.549
|
17,6
|
75,4
|
78,1
|

Os/as asalariadas no sector enerxético
son as/os mellor pagados de toda Galiza. De media, no ano 2005 o seu salario situábase no 220% do salario
medio dos/as galegas.
En segundo lugar, os/as de maiores ingresos son
os/as traballadoras de entidades financeiras e aseguradoras, con 84,6 puntos por encima da media galega. Este colectivo
no ano 2000 era o de maiores ingresos -215,1% de media-, pero a forte reestruturación que se produciu neste
sector, coas prexubilacións dos/as traballadoras de máis idade e maiores salarios, sendo substituídos
por outros máis novos/as e en peores condicións, reflíctese nos datos anteriores.
Os menos "afortunados/as" economicamente
son as/os traballadores de hostalaría e restauración (o segundo colectivo onde máis medrou
o emprego neste período analizado), para os cales os seus ingresos medios anuais están no 46,7% da
media galega, 6.945 euros no ano 2005 de media; moi lonxe dos 32.836 euros que de media ingresou un traballador
do sector enerxético.
Máis grave que as enormes diferenzas é
o incremento destas no tempo. No ano 2000 a diferenza entre os/as de maiores e menores ingresos era de 169,7 puntos,
no ano 2005 de 173,9, 4,2 puntos máis; co agravante de que o aumento da diferenza se debe a que medraron
máis os salarios máis altos, mentres os máis baixos practicamente se mantiveron.
Salarios e sexo
O sexo sempre foi un factor determinante nas diferenzas
salariais. Os datos do seguinte cadro así o poñen de manifesto.
| |
Galiza
|
Estado español
|
| |
2005
|
2000
|
2005
|
2000
|
| Total |
14.887
|
12.230
|
16.018
|
13.279
|
| Homes |
16.742
|
13.554
|
18.321
|
15.239
|
| Mulleres |
12.225
|
10.011
|
12.800
|
10.266
|

As diferenzas por razón de sexo son maiores
na media do Estado que en Galiza, pero mentres no primeiro descenderon no período analizado, no caso de
Galiza incrementáronse, aínda que levemente, pero incrementáronse.
No ano 2000, as mulleres galegas cobraban de media
un 26,1% menos que os homes; no ano 2005 medrou a diferenza nun punto, ata do 27%.
No caso do Estado español, no último
ano as mulleres ingresaron unha media dun 30,1 menos que os homes; pero no ano 2000 a media era un 32,6% menos,
polo que se acercaron 2,5 puntos.
En ambos os casos as mulleres cobran por debaixo
da media.
Se, ademais de por sexos, os/as distribuímos
por tramos de salarios, o panorama é desalentador, especialmente para as mulleres.
| Asalariados/as e salarios por sexos e tramos,
Galiza |
| |
Asalariados/as
|
Salario medio anual
|
| Tramos de salario |
Total
|
Homes
|
Mulleres
|
Total
|
Homes
|
Mulleres
|
| Total |
1.063.340
|
627.715
|
437.625
|
14.887
|
16.742
|
12.225
|
| De 0 a 0,5 SMI |
160.160
|
72.494
|
87.666
|
1.558
|
1.573
|
1.546
|
| De 0,5 a 1 SMI |
128.825
|
57.142
|
71.683
|
5.430
|
5.432
|
5.426
|
| De 1 a 1,5 SMI |
148.532
|
70.547
|
77.985
|
9.063
|
9.087
|
9.042
|
| De 1,5 a 2 SMI |
208.310
|
141.708
|
66.602
|
12.615
|
12.702
|
12.428
|
| De 2 a 2,5 SMI |
131.867
|
90.410
|
41.457
|
15.945
|
15.900
|
16.043
|
| De 2,5 a 3 SMI |
74.800
|
50.021
|
24.779
|
19.578
|
19.606
|
19.520
|
| De 3 a 3,5 SMI |
54.300
|
38.135
|
16.165
|
23.295
|
23.284
|
23.320
|
| De 3,5 a 4 SMI |
41.401
|
25.430
|
15.972
|
26.872
|
26.831
|
26.937
|
| De 4 a 4,5 SMI |
32.987
|
19.489
|
13.498
|
30.443
|
30.460
|
30.417
|
| De 4,5 a 5 SMI |
23.134
|
14.914
|
8.220
|
33.918
|
33.966
|
33.832
|
| De 5 a 7,5 SMI |
43.831
|
32.950
|
10.881
|
42.660
|
42.833
|
42.137
|
| De 7,5 a 10 SMI |
11.227
|
9.146
|
281
|
61.094
|
61.164
|
60.787
|
| Más de 10 SMI |
5.966
|
5.330
|
636
|
108.520
|
109.668
|
98.902
|
| Fonte: Elaboración propia a partir dos datos
da Axencia Tributaria. |
As principias conclusións da táboa
anterior son as seguintes:
- O 36,4% das mulleres que traballan en Galiza,
e o 20,6% dos homes, tiveron uns ingresos inferiores ao SMI no ano 2005.
- O salario do 69,4% das mulleres e do 54,4% dos
homes non supera o salario medio galego.
- Só o 10% dos/as galegas de maiores ingresos
son mulleres.
- Por tramos de salarios, o grupo máis numeroso
de homes sitúase no de 1,5 ata 2 veces o SMI. No caso das mulleres non acada o 0,5 do SMI.
Anexo salarios
A Axencia Tributaria tamén nos facilita
os datos, tanto de persoas como de salarios, segundo o domicilio do pagador/a e do perceptor/a. Os datos son moi
ilustrativos.
| |
Segundo domicilio
do pagador
|
Segundo domicilio
do perceptor
|
Pagador/
perceptor
|
| Comunidade Autónoma |
Persoas
|
Salarios (euros)
|
Persoas
|
Salarios (euros)
|
%
persoas
|
%
salarios
|
| Total |
18.359.870
|
294.079.446.473
|
18.359.870
|
294.079.446.473
|
100,00
|
100,00
|
| Andalucía |
2.695.706
|
33.690.161.143
|
3.271.430
|
43.123.438.484
|
82,40
|
78,10
|
| Aragón |
477.467
|
7.837.782.037
|
570.683
|
9.715.643.991
|
83,70
|
80,70
|
| Principado de Asturias |
321.644
|
5.321.544.527
|
413.852
|
6.938.620.885
|
77,70
|
76,70
|
| Illes Balears |
455.594
|
6.703.928.117
|
464.903
|
7.143.896.532
|
98,00
|
93,80
|
| Canarias |
758.619
|
10.001.937.331
|
881.687
|
12.240.283.547
|
86,00
|
81,70
|
| Cantabria |
213.122
|
4.282.125.773
|
236.350
|
3.930.249.607
|
90,20
|
109,00
|
Castela
A Mancha |
596.128
|
8.096.274.963
|
760.509
|
10.948.741.142
|
78,40
|
73,90
|
Castela
e León |
731.508
|
11.389.421.030
|
1.003.035
|
16.028.244.092
|
72,90
|
71,10
|
| Catalunya |
3.475.189
|
61.104.506.611
|
3.425.713
|
60.900.665.034
|
101,40
|
100,30
|
| Estremadura |
323.748
|
3.789.309.836
|
416.813
|
5.102.031.085
|
77,70
|
74,30
|
| Galiza |
936.526
|
13.389.155.283
|
1.065.340
|
15.859.477.753
|
87,90
|
84,40
|
Comunidade
de Madrid |
4.581.989
|
87.463.324.202
|
2.943.945
|
60.162.458.003
|
155,60
|
145,40
|
Rexión
de Murcia |
561.991
|
6.729.595.410
|
626.863
|
8.023.728.183
|
89,70
|
83,90
|
| Navarra |
33.518
|
656.212.853
|
—
|
—
|
—
|
—
|
| Euscadi |
190.764
|
4.698.251.734
|
—
|
—
|
—
|
—
|
| A Rioxa |
100.890
|
1.540.719.549
|
136.914
|
2.174.489.105
|
73,70
|
70,90
|
| Comunidade Valenciá |
1.867.427
|
26.755.529.051
|
2.088.295
|
30.798.859.554
|
89,40
|
86,90
|
Cidade
de Ceuta |
21.733
|
354.120.757
|
28.226
|
529.777.765
|
77,00
|
66,80
|
Cidade
de Melilla | |