|
Actualidade CIG-Comunicación-
A sentenza dá como probado que o despedimento da traballadora tivo lugar ao día seguinte de solicitar o amparo dos delegados da CIG no Comité de Empresa, ante o acoso moral ao que estaba sendo sometida polo seu inmediato superior. Previamente, a empresa xa lle recriminara que falaba cos representantes sindicais da CIG na hora do café. Nos seus fundamentos xurídicos enténdese, dándolle a razón á CIG, que por parte da empresa foron vulnerados o dereito de liberdade sindical, que protexe que a traballadora poida reunirse cos membros de calquera sindicato e ser defendida por eles sen ser sufrir represalias por ese feito, o dereito a non ser discriminada por motivos sindicais e, por último, o dereito á tutela xudicial efectiva, xa que o seu despido foi a reacción inmediata á denuncia feita por un membro do comité de empresa ante RRHH da existencia dun acoso á traballadora por parte do seu xefe inmediato. Esta sentenza prodúcese días despois da revogación do Comité de Empresa por parte dos traballadores e traballadoras, co pretexto das mobilizacións que fixo a CIG en defensa desta compañeira. Dende a Federación de Banca da CIG se valora moi positivamente esta Sentenza, xa que tamén supón unha inxección de ánimo para os delegados e delegadas da CIG de Office Depot, recentemente revogados, que sempre mantiveron unha defensa firma e coherente dos intereses das traballadoras e traballadoras desta empresa, como neste mesmo caso. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/12/2006 |
||||||
|