Actualidade / Opinión Volver


Vigo, 27 de decembro de 2006

Puro sentimento!!!
 

Silvia Bermúdez Pérez-

CIG-Mocidade


  Galiza, unha nación, unha selección!!, clic para aumentar
Galiza, unha nación, unha selección!!, clic para aumentar
A afición converteu un brillante partido nunha festa inesquecíbel. Unha afición chegada de campos grandes e campos de terra, composta especialmente por mocidade, que durante tantos anos se mobilizou para facer cumprir o soño.
Galiza, unha nación, unha selección!!, clic para aumentar
O 29 de decembro de 2005 a ilusión converteuse en realidade, miles de siareiras e siareiros enchemos até os bordos o campo de San Lázaro para disfrutar, tras sesenta e nove anos de inactividade, do debut da nosa selección. O combinado nacional galego gañou sen dificultades á bicampeona do mundo Uruguai. (Fotos: ©galizacig.com).
 
Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino, Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Estes foron os once xogadores que disputaron o primeiro partido da selección galega o 19 de novembro de 1922. Ese día, no campo de Coia, Galiza gañaba 4-1 a Castela.

En setembro de 1923, o golpe de estado de Primo de Rivera frea, entre outras cousas, a progresión do fútbol galego. Será no campo do Chamartín, en 1930, onde Galiza volve a disputar un partido contra a selección do Centro, vencendo 4-1. A recadación foi destinada ás familias damnificadas polo naufraxio dun pesqueiro de Bouzas.

O derradeiro partido da selección galega dispútase nas Olimpíadas de Barcelona, resposta internacional aos xogos de Berlín, o 12 de xullo de 1936, seis días antes do golpe de estado. Moitos destes xogadores fican en Barcelona e loitan no bando republicano contra o levantamento franquista.

A selección galega quedará sumida no máis profundo dos esquecementos, até 1977, ano no que A Nosa Terra abre o debate reivindicativo sobre a mesma.

A finais dos anos 90 o movemento bravú recupera a reivindicación da selección galega para o debate impulsado por Siareiros Galegos, movemento que agrupa peñas do Celta, o Deportivo e mais o Compos, na defensa da nosa selección. Michel Salgado, daquela xogador do Celta, Fran do Depor e Nacho do Compos serán os xogadores máis comprometidos neste debate.

O 29 de decembro de 2005 a ilusión converteuse en realidade, miles de siareiras e siareiros enchemos até os bordos o campo de San Lázaro para disfrutar, tras sesenta e nove anos de inactividade, do debut da nosa selección. O combinado nacional galego gañou sen dificultades á bicampeona do mundo Uruguai.

A afición converteu un brillante partido nunha festa inesquecíbel. Unha afición chegada de campos grandes e campos de terra, composta especialmente por mocidade, que durante tantos anos se mobilizou para facer cumprir o soño.

Este feito histórico foi un logro da sociedade civil galega, e dunha Dirección Xeral de Deportes que deu resposta a estas demandas. Un logro, como primeira etapa dun vieiro que, agardemos, nos leve algún día a contemplar os éxitos dos nosos e as nosas deportistas lucindo as nosas cores.

Este xoves teremos unha nova festa en Riazor, poderemos, de novo, vibrar coas nosas cores.

Unha nación, unha selección!!

 
 

Silvia Bermúdez Pérez,
membro de CIG-Mocidade.

  Silvia Bermúdez
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/12/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta