|
Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
Pero o corazón de Hugo, malia ser grande, non puido máis e rematou de latexar de súpeto. Adoitase facer unha gran gabanza dos mortos, incluso dos mortos de merda coma Pinochet, pero no caso de Hugo o seu compromiso ía alén de calquera gabanza. Falar da vida na cadea de Hugo, das súas torturas no cárcere, do seu secuestro na Arxentina e posterior traslado a Uruguai na época escura na que cochos con uniforme mandaban e organizaban xunto a Estados Unidos reinados do terror e da desaparición pode servir para presentar a Hugo como non quería ser presentado. Porque Hugo falaba sempre do presente e do futuro, e se cadra, a frase que encamiña esta nota poda servir para meter en poucas liñas o gran desexo de Hugo: a fin da exclusión social. Os desaparecidos tamén son desaparecidos coa fame e a inxustiza. O “pedigrí” político, reservado para uns centos ou miles que desapareceron ou sufriron cadea nas ditaduras, está lonxe dos millóns que sofren a violencia dun mundo mandado por monstros en edificios de luxo ou en Estados criminais e gansterís como Estados Unidos e os seus aliados. Esta guerra titánica pola dignidade fai que todos os días teñamos que concienciarnos que o inimigo ten mil caras e dez mil aliados, e nós, na distancia, a poucos homes como Hugo Cores e outros tantos. Aquí quedamos nós, como no seu momento lle cantaran ao Che, para seguir escribindo e levantando a voz.
Momento no que se trata de incluír a xente na sociedade e de que por fin non sexan excluídos e podan ter historia; historia con nomes e apelidos, historia da que Hugo Cores era parte antes e despois de morrer. Escribía o seu compatriota Benedetti, catro días despois da morte de Hugo, un obituario-poema con hurras pola morte dun canalla como Pinochet. Eu tomo algunhas partes do precioso poema dedicado ao lixo humano que representou o sátrapa de Chile, para tomalas para Hugo, porque Hugo: “non é un morto calquera. Choramos os seus iguais e tragamos as nosas bágoas. Non imos festexar esta morte. Non imos poñernos mornos, a non crer que este é un morto calquera, non imos festexalo, nin volvernos lacazáns, non esqueceremos que este non é un morto de merda”. Hugo Cores morreu o 6 de decembro no Uruguai. |
|||||||||||
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/12/2006 |
|||||||||||
|