|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os grupos máis damnificados pola proposta do Sergas de acceso aos graos de carreira son os “C”, “D” e “E”, que representan a máis do 60% dos traballadores/as do Servizo Galego de Saúde. Para a CIG-Saúde constátase unha nova discriminación con respecto ao persoal facultativo e fan un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a que se unan a estas reclamacións e ao resto de centrais sindicais para que, “entre todos, poidamos facer máis presión mediante a convocatoria de mobilizacións unitarias”.
Esta proposta é para a CIG-Saúde inaceptábel polas enormes diferenzas entre categorías e por ser discriminatoria respecto das carreiras xa existentes. “A nosa central segue a propór, para todos os grupos e categorías, os seguintes anos para acceder a cada grao de carreira: 5-12-19-25”. O Sergas colle como referencia de partida o modelo
de Carreira Profesional (CP) acordado en Andalucía. Isto para a CIG-Saúde é inaceptábel,
tanto polas contías para cada grupo como por incrementar de forma inasumíbel as escalas retributivas
actuais entre categorías. Neste cadro vense as diferenzas entre a proposta da CIG e a da Administración. Grupos
Proposta CIG-Saúde
Referencia Sergas A
2.700
2.500
B
2.150
1.625
C
1.650
800
D
1.450
500
E
1.350
400
Aínda que o Sergas fixo un pequeno achegamento
no sentido de aceptar contemplar unha parte dos servizos prestados noutras categorías fixas para acceder
aos graos de Carreira Profesional, na nova categoría fixa que se desempeñe as diferenzas aínda
son abismais, como se pode observar no seguinte cadro. Servizos prestados en grupos
Proposta CIG-Saúde Proposta Sergas Mesmo grupo
100% do tempo
90%
Grupo inferior
100%
75%
Dous grupos menos
90%
50%
Tres grupos menos
80%
30%
Catro grupos menos
70%
15%
Ademais, o Sergas non se compromete noutras propostas que fai a CIG-Saúde: que os graos consolidados nunha determinada categoría se manteñan transitoriamente en caso de acceder a unha nova, e que o tratamento que se acorde para a promoción interna nesta carreira se estenda a todas as categorías. Tampouco aquí hai achegamentos, pois mentres a CIG-Saúde segue a defender o dereito do todo o persoal que realiza as mesmas funcións ao acceso á Carreira Profesional, independentemente do seu tipo de vinculación xurídica, o Sergas mantén a exclusión de funcionarios e laborais desta negociación. Algo que a CIG-Saúde non acepta e para o que esixe solucións. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 29/01/2007 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||