|
Actualidade
A Coruña, 25 de xaneiro de 2007
A CIG solidarízase coa traballadora
acosada laboralmente da clínica Arggora
| |
 |
| A traballadora da clínica Arggora, que
exercía como recepcionista desde hai anos, foi denigrada e relegada das súas funcións por
unha decisión unilateral do xefe.
(Foto: ©galizacig.com 24/01/2007). |
| |
Integrantes da CIG protagonizaron o pasado día
25 de xaneiro unha concentración fronte á clínica xinecolóxica privada Arggora, do
doctor Bayo de Enrique, para amosar a repulsa polo acoso laboral que padece unha empregada afiliada ao sindicato.
A traballadora, que exercía como recepcionista
desde hai anos, foi denigrada e relegada das súas funcións por unha decisión unilateral do
xefe. Agora atópase soa e recluída nun cuarto transcribindo revistas e catálogos durante oito
horas diarias. Ademais, tivo que aturar insultos e os intentos continuos de intimidación aos que a somete
o seu xefe.
|