ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 29 de xaneiro de 2007

Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Manifestación auxiliares Meirama Ordes, clic para aumentar
Máis de 500 persoas esixiran o 30 de setembro de 2006 en Ordes solucións e os mesmos dereitos para os traballadores/as das auxiliares que os que teñen os das empresas principais das minas do carbón. (Foto: ©galizacig.com).
 
A CIG urxe a Lignitos de Meirama S.A. (FENOSA) a que asine o acordo atinxido en outubro de 2006 na Mesa das Industrias Auxiliares do Carbón da Consellaría de Industria. Neste acordo prevese a incorporación ás empresas principais dos traballadores das compañías auxiliares. Ao mesmo tempo, a central nacionalista insta á Comisión de Seguimento do Plano Miner II a que recoñeza dunha vez os dereitos dos traballadores galegos das minas de carbón.

O pasado 19 de xaneiro, celebrouse unha Asemblea dos traballadores das Empresas Auxiliares da Mina de Lignitos de Meirama (Cerceda). Nesta asemblea, a CIG informou da situación actual das negociacións sobre as recolocacións e prexubilacións dos traballadores das empresas auxiliares diante do peche da mina de Meirama previsto para o 31 de decembro de 2007.

Deuse conta, tamén, do bloqueo existente na Comisión de Seguimento do Plano Miner II, da postura intransixente de Limeisa, que segue negándose a asinar o Acordo ao que se chegou o pasado mes de outubro na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón da Consellería de Industria. Ademais, tamén se informou de que en As Pontes, das 80 incorporacións de traballadores das auxiliares previstas para setembro de 2006, a día de hoxe non foi incorporado nin un só traballador.

Por último, desde a CIG lembrouse unha vez máis a discriminación e marxinación das minas galegas do lignito pardo dentro do Plano Miner II (asinado o mes de marzo de 2006 polo Ministerio de Industria, CARBUNIÓN, CCOO e UGT). Grazas ás mobilizacións dos traballadores das auxiliares das minas galegas (folgas, manifestación, etc), a Comisión de Seguimento do Plano Miner II en Madrid ten que redefinir os criterios de aplicación das medidas que o Plano Miner II estabelece para as incorporacións de traballadores das empresas auxiliares á empresa principal para a súa prexubilación e recolocacións.

Desde a CIG advertiuse que nesta nova definición de criterios, que cada día se retrasa máis, “os traballadores galegos non podemos ser outra vez esquecidos pero, para que non se repita, imos ter que nos mobilizar. As solucións globais que reclamamos, neste momento, por todo o dito anteriormente, obrígannos á mobilización”.

Na pasada Asemblea acordouse celebrar unha nova Asemblea de traballadores para inicios do mes de febreiro, “e se non hai novidades significativas, se non está claro o noso futuro, e se Limeisa continúa negándose a asinar o Acordo da Mesa da Industria Auxiliar, definirase un calendario de mobilizacións”.

 
 
Informacións relacionadas
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/01/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta