|
Actualidade / Entrevista Antón Álvarez Sanz (CIG)-
Antón Álvarez: En que sectores pode ter a CIG unha baza de cara a estas eleccións sindicais? Xorxe Caldeiro: Alcoa á marxe, o sector con máis proxección de futuro en A Mariña son os servizos. Por sorte ou desgraza, este é o sector económico con máis puxanza e desenvolvemento na nosa comarca. No ensino somos líderes con diferenza e sacamos o 40% dos votos. Na saúde e na administración pública tamén acadamos moi bos resultados. En canto ao metal, a fábrica de Alcoa e as súas auxiliares acaparan a maior parte da man de obra de A Mariña. Alcoa dá de comer a media comarca, de maneira directa ou indirecta. Aquí somos a primeira central, mais non temos a presidencia do comité de empresa, logo de que se unisen o resto de sindicatos contra nós. Antón Álvarez: Pódese dicir, entón, que a dependencia económica da comarca en torno a Alcoa é case total? Xorxe Caldeiro: Efectivamente. Neste sentido, mantivemos unha xuntanza con representantes da Consellería de Industria na que lles expuxemos a necesidade de incentivar investimentos destinados cara outras industrias alternativas a Alcoa para asegurar, deste xeito, a viabilidade económica de A Mariña no futuro. Non está na mente de ninguén, nin tampouco se prevé pero, se algún día Alcoa se traslada de San Cibrao cara outro sitio por mor da deslocalización, a comarca sumiríase no caos. Antón Álvarez: Burela é un dos principais portos boniteiros do Estado español. Como se atopa o sector da pesca en A Mariña?
Antón Álvarez: A Mariña é das comarcas do país con maior presenza de inmigrantes. Contades con moitos afiliados estranxeiros? Como está a ser a súa inserción no mercado laboral? Xorxe Caldeiro: Contamos cun certo número de afiliados que proceden de Ecuador. Somos conscientes de que temos que incidir desde a CIG comarcal en actividades específicas para os inmigrantes. Temos constancia de que, nas canteiras da comarca, grande parte do persoal marroquino e subsahariano ten unhas condicións moi difíciles. Houbo casos de accidentados que quedaron lisiados e que non puideron dispór de medicinas, nin de transporte para ir facer as curas ao hospital. Esta situación irregular dáse nalgunhas canteiras de Lourenzá e Barreiros. No sector forestal, hai moito romanés que traballa nas serrarías. Porén, a pesar de sermos unha comarca receptora de inmigrantes, a mocidade de aquí emigra cara a zona atlántica do país e cara outros puntos do Estado español. Estamos a falar de xente moi preparada. A provincia de Lugo ten os convenios máis baixos do país, na construción, na hostalaría. Antón Álvarez: No tocante aos accidentes laborais, está a haber maior implicación das administracións para atallar a situación? Xorxe Caldeiro: Percíbese unha maior sensibilidade por parte de novo Goberno autonómico pero aínda non vimos o reflexo das melloras prometidas. Hai moito por facer. As administracións e as empresas historicamente inhibíronse, mesmo desde a entrada en vigor da Lei de Prevención. No mar, os accidentes son frecuentes e ocorren desgraciadamente con certa periodicidade. Na construción xa é algo esaxerado e nas canteiras case non existen medidas preventivas. Co cambio de goberno na Xunta houbo unha mudanza nas formas pero o que hai que facer é plasmar as expectativas en realidades. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2007 |
||||
|