|
Actualidade CIG-Comunicación-
“Estes dous traballadores, un compañeiro e unha compañeira, levan na empresa desde o ano 2002 e non tiveron ningún problema até que chegou este tema das eleccións sindicais. Demóstrase claramente que foi un despedimento improcedente e que é un xeito de represalia sindical porque hai unha carta de despido na que se fala de falta de puntualidade e rendemento nos últimos meses, e resulta que acompañando esa carta de despido xa lle acompañaban outro escrito recoñecendo a improcedencia do mesmo e o dereito a percibir a indemnización por despido improcedente do mesmo”, relatan na CIG de Ourense. Para Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG Ourense, “isto demostra a desfachatez da empresa no tema, que o único que pretenden é evitar que os traballadores e traballadoras non teñan os e as representantes sindicais que eles querían que era en concreto un destes dous, porque quen preavisaramos as eleccións foramos a CIG”. A CIG de Ourense vai realizar unha campaña que en primeiro lugar pasa pola denuncia ante o Xulgado do Social, reclamando a nulidade dos despedidos para tratar de conseguir a readmisión ao posto de traballo. A CIG vai reclamar da Fiscalía neste caso que actúe, “igual que noutros casos actúa contra os piquetes de sindicalistas en caso de folga, pois que actúe e que sexa belixerante neste caso”. Os empresarios que vulneran claramente a liberdade democrática e a liberdade sindical están a vulnerar un dereito fundamental e por iso desde a CIG enténdese que se debe intervir tamén desde a propia Delegación de Traballo, dado que debe velar pola pureza do proceso electoral. Ademais a CIG tamén se vai dirixir á Inspección de Traballo e pretende facer mobilización social que en todo caso se concretarán máis adiante, durante todo o proceso que haxa de recursos ante ao Xulgado do Social. No caso de Ourense hai unha inxerencia clara dos empresarios en todo o proceso de eleccións sindicais, o que ten levado a despedimentos noutros casos como foi no centro de atención de chamadas, de Sodesho España, e despois inxerencias e represión sindical noutros. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/01/2007 |
||||
|