|
Actualidade
A Coruña, 30 de xaneiro de 2007
A Autoridade Portuaria non ofrece solucións
e os traballadores seguen sen recibir compensacións polo cese da súa actividade
Os mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior coruñés bloquean os accesos
das obras
| |
 |
| Uns 200 mariscadores, percebeiros e mariñeiros
de baixura están afectados pola construción da dársena exterior de Punta Langosteira. Solicitan
unhas indemnizacións próximas aos 27 millóns de euros, de acordo cun estudo de avaliación
das perdas do sector, realizado hai dous anos pola Universidade de Santiago de Compostela. |
 |
 |
 |
| O principal motivo desta protesta é a
excesiva demora coa que o Consejo de Estado, o organismo competente para resolver estas indemnizacións,
está a tramitar as compensacións económicas aos mariñeiros e percebeiros damnificados. (Fotos: @galizacig.com 29/01/2007). |
 |
| |
Medio centenar de mariñeiros e percebeiros
afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña están a bloquear de maneira indefinida
os accesos ás obras en Punta Langosteira (Arteixo), como medida de protesta pola dilación na tramitación
das compensacións económicas polo cese da súa actividade na zona.
O principal motivo desta protesta, que comezou
a primeira hora do día 29 de xaneiro, é a excesiva demora coa que o Consejo de Estado, o organismo
competente para resolver estas indemnizacións, está a tramitar as compensacións económicas
aos mariñeiros e percebeiros damnificados. Esta resolución estaba previsto que se producise o pasado
mes de decembro, mais aínda non hai noticias ao respecto. Ademais, a Autoridade Portuaria coruñesa
enviou ao Consejo do Estado un expediente sobre as compensacións sen o previo acordo dos afectados.
Paulo Carril, representante legal destes mariñeiros
e secretario comarcal da CIG en A Coruña, explica que o bloqueo será indefinido até que non
haxa solucións por parte da Autoridade Portuaria e da Delegación do Goberno español na Galiza.
Polo de pronto, Carril demanda que os afectados estean presentes na xuntanza que o xoves 1 de febreiro manterán
en A Coruña o delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, e mais o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña,
Macario Fernández-Alonso, para tratar este tema.
Uns 200 mariscadores, percebeiros e mariñeiros
de baixura están afectados pola construción da dársena exterior de Punta Langosteira. Solicitan
unhas indemnizacións próximas aos 27 millóns de euros, de acordo cun estudo de avaliación
das perdas do sector, realizado hai dous anos pola Universidade de Santiago de Compostela.
|