|
Actualidade CIG-Comunicación-
A pantasma da deslocalización é unha espada de Damocles para as máis de 8.000 persoas que traballan hoxe no Telemárketing en Galiza. Todas as alarmas saltaron o pasado verano polo despido de 700 persoas das subcontratas de Jazztel en A Coruña. Para a Central nacionalista, Galiza non pode competir con América Latina ou África en custes salariais; as empresas de Telemárketing deben realizar unha forte aposta por dar un servizo de calidade, que represente un maior valor engadido para as empresas usuarias e a súa clientela. Baixo esta perspectiva, a Plataforma da CIG para a negociación do IV Convenio Colectivo Estatal de Telemárketing máis alá das lóxicas reivindicacións laborais fai unha aposta decidida pola profesionalización do sector. Fronte a actual temporalidade (ata un 70% do persoal de operacións das subcontratas de Telemárketing ten contrato temporal), a CIG aposta pola estabilidade no emprego. Neste senso, unha das súas propostas é a creación dunha Bolsa de Emprego por provincias similar á recentemente creada nas subcontratas do Naval no Convenio do Metal de Pontevedra. Tamén solicitan a creación dunha carreira profesional que valore a formación e a antigüidade na empresa. Para a CIG este Convenio pode e debe abrir as portas a un novo modelo empresarial que garanta a viabilidade do sector de Telemárketing galego cara ao futuro. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/02/2007 |
|||||||
|