|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG é a primeira forza sindical no sector financeiro e reclamou que se respecten os resultados das pasadas eleccións sindicais e se constitúan Mesas de negociación a nivel galego. Os delegados e delegadas rexeitaron a aplicación do Acordo Estatal de Negociación Colectiva nos convenios do sector e apostan por unha recuperación real do poder adquisitivo e pola eliminación das categorías ou niveis salariais máis baixos. Incidiron tamén nas medidas tendentes a limitar a temporalidade. Un punto novidoso foi a introdución de medidas tendentes a regular as cargas de traballo e criterios medibles para asignar persoal ás oficinas. Outro dos temas que centrou gran parte da Asemblea, foi a oposición á apertura das entidades financeiras todos os días polo serán, tal e como teñen anunciado varios responsables de Bancos e Caixas. Posteriormente os delegados e delegadas baixo o lema “Convenio galego, eiqui traballamos, eiqui negociamos”, desprazáronse ata as Oficinas principais de Banesto, BBVA e SCH para realizar asembleas informativas ao persoal destas oficinas sobre as medidas aprobadas e solicitando o apoio dos traballadores e traballadoras nas mobilizacións que a CIG poña en marcha ao longo dos vindeiros meses vinculadas ás negociacións dos Convenios. |
|||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/02/2007 |
|||||||||||||
|