ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 3 de febreiro de 2007

O sindicalismo nacionalista leva gañando desde o 79
A CIG obtén 11 representantes de 13 na empresa Copo Ibérica
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Grupo Copo, clic para aumentar
O Comité de Empresa de Copo Ibérica, de 13 membros, quedou composto por 11 da CIG e 2 de CCOO.
 
Copo Ibérica é unha empresa que leva traballando desde 1975 no sector de industrias químicas para o sector da automoción e para o sector de produtos de fogar, en concreto, colchóns de espuma. Desde o ano 77 leva o sindicalismo nacionalista nas súas distintas configuracións sendo maioritario na empresa.

Estas eleccións sindicais confrontáronse nunha situación difícil xa que a empresa leva tres anos perdendo diñeiro por unha inversión que se realizou nunha fábrica en Estados Unidos, e hai unha situación delicada.

O antigo Comité de Empresa antes das eleccións que se celebraron nesta primeira semana de febreiro estaba composto (son 348 traballadores e contan cun comité de 13) por 10 da CIG e 3 de CCOO. O anterior comité de hai oito anos estaba composto por 9 da CIG e 4 de CCOO. E nestas últimas eleccións o comité sendo tamén de 13 está composto por 11 da CIG e 2 de CCOO.

A ascendencia da CIG continúa, aínda que sendo maioritaria cada vez é máis difícil manter un nivel de participación e polo desgaste de asinar os convenios e os conflitos, e de feito, o apoio da xente é moi maioritario, incluso, segundo denuncian, sendo que neste proceso electoral CCOO mentiu e tentou xerar problemas e conflitos de todas as maneiras posíbeis.

Os resultados obtidos foron que: no colexio de especialistas e non cualificados a CIG obtivo 9 representantes con 143 votos, e CCOO obtivo 37 votos e 2 representantes; e no colexio de técnicos e especialistas elixíanse dous representantes a CIG obtivo 36 votos e 2 representantes, e CCOO 9 votos e ningún representante.

A CIG aumentou en votos con respecto ás eleccións anteriores. Desde a Federación de Químicas de Vigo manifestan estar moi satisfeitos con estes resultados.

O problema é neste momento a xestión da empresa que pode entrar nun momento de crise, como todo o sector da automoción e as empresas auxiliares, e para a CIG “neste momento é moi importante contar co apoio da xente”.

Tamén salientar que desde o ano 79, que foron as primeiras eleccións sindicais que houbo nesta empresa, o sindicalismo nacionalista nas súas distintas configuracións sempre foi maioría e sempre foi gañando espazo sindical.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta