ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 14 de febreiro de 2007

Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Traballador da Construción, clic para aumentar
A Federación da Construción da CIG vai reclamar unha suba salarial arredor do 11% fronte a do 2,7% pactado por CCOO e UGT. (Foto: ©galizacig.com).
 
A Federación da Construción da CIG ven de coñecer a súa situación actual en canto á representación sindical e respecto a esta representación na negociación no Convenio da provincia de Pontevedra. Estas noticias son moi boas, a CIG obtén con 338 delegados máis do 51% da representación.

Ante estes resultados, falamos con Xulio Vicente, traballador da Federación da Construción da Comarca de Vigo que sinalou que “estes resultados poderían ser mellores, pero a nosa organización está a recibir un forte acoso sindical, sobre todo para aquelas persoas que se presentan pola CIG nas eleccións sindicais, como en calquera outro sector; pero tamén é certo que a xente, entre a precariedade que ten no traballo, salarial e no traballo en si, como ten tan pouco que perder pois a xente di adiante e non se achanta ante nada”.

Vicente engade que “na Construción o traballo case que nos ven feito por CCOO e UGT polos convenios que leva asinados nos últimos anos e o efecto que está a ter nos bolsos dos traballadores. A xente sabe que o momento que estamos a vivir é un punto de inflexión e por iso se rebela e decide organizarse coa CIG”.

Ante a pregunta de que vai significar para os traballadores deste sector este incremento na representación, Vicente explicou que “estamos nunha oportunidade moi boa para botar abaixo o acordo que veñen de asinar en Madrid dunha suba salarial do 2,7%, o que sería penoso. En convenios como o do Metal nos últimos anos un oficial da Construción ten unha perda de poder adquisitivo duns 3.000 euros ao ano, en oito horas de traballo, e na Carpintería case 2.000 euros nos últimos dez anos. A iso débense os resultados que está a conquerir a CIG na Construción, e non hai outra forza sindical que nos estea a pelexar este espazo. Calquera traballador que queira unha referencia sindical ven a nós. O sindicato de oficina na Construción na forma na que está o sector xa ten pouco éxito”. Ademais este é “un sector que está sen traballar sindicalmente, que hai 18 anos que non hai unha folga nin un conflito, polo que desde a CIG se está a pular por un cambio de rumbo neste sentido”.

Para rematar, Vicente expuxo que esta confirmación da súa boa andaina nas eleccións sindicais e na representación sindical supón “un reto para nós e unha responsabilidade, porque queremos pelexar por un Anteproxecto que imos presentar o día 28, que pedimos subas salariais de arredor do 11%, contra o acordo que fixo CCOO e UGT”.

Convenio Construción
 

Delegados/as

Porcentaxe

CIG

338

51,06

CCOO

199

30,06

UGT

123

18,58

Non sindicados

2

0,30

Total

662

100,00

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta