ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 6 de febreiro de 2007

Os afectados polo Porto Exterior desbloquearon os accesos á obra, que mantiñan pechados desde o pasado 29 de xaneiro
A CIG valora como un paso positivo o acordo entre os mariñeiros e a Autoridade Portuaria coruñesa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Acordo mariñeiros Autoridade Portuaria A Coruña, clic para aumentar
No acordo, a Autoridade Portuaria se compromete a axilizar a tramitación do expediente para que haxa unha pronta resolución que compense os mariñeiros damnificados. O ente portuario coruñés tamén asume o contido das diferentes resolucións do Parlamento de Galiza e da Comisión de Fomento do Congreso español que apoian as indemnizacións a este colectivo.
pdfTexto do acordo en .pdf
 
Paulo Carril, en nome dos mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior de Punta Langosteira, e o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Macario Fernández-Alonso, asinaron o 5 de febreiro un acordo polo que a entidade portuaria recoñece este colectivo como afectado e con dereito a ser indemnizado, tralo cese da súa actividade na zona por mor das obras da dársena exterior. A CIG valora este acordo como un primeiro paso na resolución do conflito.

A Autoridade Portuaria tamén se compromete a axilizar a tramitación do expediente para que haxa unha pronta resolución que compense os mariñeiros damnificados. O ente portuario coruñés tamén asume o contido das diferentes resolucións do Parlamento de Galiza e da Comisión de Fomento do Congreso español que apoian as indemnizacións a este colectivo.

Pola súa parte, os mariñeiros desbloquearon, xa desde a tardiña do día 5 de febreiro, os accesos ás obras do Porto Exterior coruñés, en Punta Langosteira (Arteixo). O colectivo de afectados levaba desde o pasado 29 de xaneiro acampado na zona, en demanda de solucións ás súas lexítimas reclamacións.

Os afectados aseguran que non era a súa intención prexudicar a ninguén coa súa protesta e denuncian a campaña de criminalización á que se viron sometidos. Ao mesmo tempo, agradecen o apoio e a solidariedade que lles brindou á veciñanza de Suevos (Arteixo), o lugar onde están asentadas as obras do Porto.

 
 
Informacións relacionadas
30/01/2007 A Autoridade Portuaria non ofrece solucións e os traballadores seguen sen recibir compensacións polo cese da súa actividade
Os mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior coruñés bloquean os accesos das obras
07/08/2006 A Autoridade Portuaria incumpre os compromisos cos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
19/06/2006 Presentaron alegacións á Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior responsabiliza ao PSOE da falta de solucións
11/04/2006 O novo alcalde non os recibiu e votou contra a iniciativa aprobada no Parlamento
Os afectados polas Obras do Porto Exterior de A Coruña critican a actitude continuísta de Losada
24/03/2006 Ínstase a que o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
27/01/2006 Conseguido o seu obxectivo, poñen fin ao peche na Delegación Provincial
Os afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña serán recibidos pola conselleira de Pesca
03/11/2005 Levan meses agardando resposta as súas demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
29/07/2005 A CIG demanda medios suficientes para atopar o corpo do traballador falecido no Porto Exterior
28/07/2005 CIG-Construción propón a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
23/07/2005 Considera que a falta de prevención causou a morte do traballador o martes 19 de xullo
A CIG denuncia ás empresas encargadas das obras do Porto Exterior de A Coruña
22/07/2005 O sindicato presentará denuncia diante da Inspección de Traballo
Solidariedade da CIG coa familia do traballador finado en accidente de traballo nas obras do Porto Exterior
16/06/2005 Pecháronse nas dependencias da Consellaría de Pesca e fixeron unha pitada
Sonora protesta dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
26/05/2005 Afectados polas obras do Porto Exterior
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
19/05/2005 As perdas ascenden a 27,6 millóns de euros
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior reúnese co presidente da Autoridade Portuaria
10/05/2005 O venres 13 de maio celebrarán unha asemblea xeral para avaliar a situación
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña adoptarán medidas ante o silencio das autoridades
30/03/2005 CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
26/02/2005 Os afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan diálogo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/02/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta