|
Actualidade / Artigo Así abaratan o custe salarial dos
contratos de posta a disposición na negociación colectiva Clodomiro Montero Martínez-
A equiparación supuxo unha incuestionable mellora fronte ao establecido no Convenio Estatal de Empresas de Traballo Temporal asinado no seu día por CCOO e UGT. Destacar que a Lei que equiparaba o salario do persoal das ETT ao das empresas usuarias non foi froito do “diálogo social”, senón da acción sindical e social contra estas empresas. En todo caso cada día son máis numerosos os Convenios Colectivos que establecen medidas co fin de burlar a equiparación salarial do persoal de ETT's. Este é o caso do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros. É necesario lembrar que o salario do persoal cedido calcúlase por hora, dividindo o salario anual pola xornada en cómputo anual establecida en Convenio. No último Convenio crearon un novo nivel salarial para o persoal de nova entrada denominado nivel XIII, cun salario un 20% por baixo do establecido ata ese momento. A xornada en cómputo anual está establecida en 1.680 horas, superando a xornada real efectiva anual en 120 horas. Así, aplicando o novo nivel salarial e
a xornada en cómputo anual inflada, o salario é o seguinte: Salario anual
Xornada anual
Custe hora
14.287,92
1.680
8,50 euros
Se facemos o mesmo cálculo sobre a anterior
categoría de entrada nas caixas e tendo en conta a xornada en cómputo anual real o cálculo
sería o seguinte: Salario anual
Xornada anual
Custe hora
17.859,90
1.560
10,63 euros
Coas medidas pactadas, un traballador/a de ETT
cobra 2,13 euros menos á hora. A xornada en cómputo semanal é de 36,50 horas, o que se traduce
na seguinte perda salarial para este persoal: Horas semanais
Perda semanal
Perda mes
36,5
77,14 euros
311 euros
Ante o inicio do proceso de negociación colectiva en numerosos sectores debemos pular pola eliminación das categorías ou niveis salariais creadas para o persoal de nova entrada, así como incidir na necesidade de que calquera redución da xornada teña a súa correspondencia na redución da xornada en cómputo anual. Doutro xeito podemos colaborar, sen ser conscientes, a abaratar o custe dos contratos de posta a disposición estendendo o seu uso nos distintos sectores. |
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2007 |
|||||||||||||||||||||||||||
|