|
Actualidade CIG-Comunicación-
Máis de cen delegados e delegadas sindicais amosaban a súa solidariedade coa compañeira da CIG despedida do Hotel Auriense por presentarse ás eleccións sindicais pola central nacionalista. Carlos Vázquez, membro da Executiva comarcal da CIG Ourense explicaba que “fixemos a concentración en solidariedade coa compañeira despedida, para reclamar a liberdade sindical, e para lanzar unha mensaxe aos empresarios para dicir que desde a CIG non imos permitir que se conculquen os dereitos dos e das traballadoras que queiran elixir libremente aos seus representantes sindicais”. Carlos Vázquez salientou que este caso é “un despedimento que debe ser declarado nulo e que atenta contra os dereitos fundamentais dos e das traballadoras, xa que foi por ter a intención de presentarse ás eleccións sindicais pola CIG. Esa empresa torpedeou todo o proceso desde o principio, que comezou co despido de dous traballadores, e que forzaron a renuncia dun terceiro candidato da CIG”. Vázquez subliñou que “a empresa ten aos traballadores e traballadoras en moi malas condicións, e por iso foron os e as traballadoras as que decidiron que querían ter representación sindical para facer fronte a eses problemas. A resposta da empresa foi boicotear todo o proceso, comezando polo despido de estes traballadores, impedindo despois que se presentara outro candidato, ameazándoo, e ao final non tivo lugar este proceso electoral. Reclamamos a readmisión da traballadora despedida”. Finalmente, o xuízo quedou aprazado para o 2 de marzo xa que a empresa acusada presentou un parte médico da súa principal testemuña que está de baixa, polo que o xuízo non chegou a ter lugar. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2007 |
||||
|