ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de marzo de 2007

Os grupos nacionais A Quenlla, Os tres trebóns e mais Dandy Fever actuarán pola tarde no Cantón
10 de Marzo: xornada reivindicativo-festiva en Ferrol

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xantar-festa no Cantón de Ferrol, clic para aumentar
 
Ofrenda floral, manifestación, xantar popular, proxección do documentario “Metal en loita” e concertos son os actos programados en Ferrol pola CIG para este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Os actos conmemorativos do 10 de Marzo comezarán en Ferrol ás 12:30 horas na praza homónima, onde a CIG realizará unha ofrenda floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla, os dous traballadores de Bazán asasinados pola policía franquista durante unha manifestación operaria celebrada o 10 de marzo de 1972.

De seguido, partirá deste mesmo sitio unha manifestación que percorrerá as rúas ferrolás até chegar ao Cantón, onde se celebrará un xantar popular. Neste mesmo lugar e xa pola tarde, proxectarase ás 16:30 horas o documentario “Metal en loita”, elaborado por FESGA, que versa sobre o conflito que se deu o ano pasado neste sector na provincia de Pontevedra.

A música e os concertos chegarán a partir das 18:00 horas, coas actuacións de A Quenlla (música tradicional), Os tres trebóns (mestizaxe) e Dandy Fever (ska, rocksteady).

  Presentación programa 10 de Marzo, clic para aumentar
Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG-Ferrol, lembrou Amador e Daniel no decurso da presentación da programación deste 10 de Marzo. (Na foto, de esquerda a dereita, Manel Grandal, responsábel de prensa da CIG-Ferrol; Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal; e Fran Cartelle, secretario comarcal de Organización. ©galizacig.com 07/03/2007).
 
Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG-Ferrol, lembrou Amador e Daniel no decurso da presentación da programación deste 10 de Marzo. Subliñou que os dous traballadores foron asasinados pola policía franquista por reclamar un convenio colectivo propio. “Agora a CIG mobilízase pola consecución do marco galego de relacións laborais que permita a negociación dos convenios na Galiza”. “Pouco mudaron desde hai 35 anos as relacións laborais –prosegue López Pintos– e os sindicatos españolistas, UGT e CCOO, negocian e asinan en Madrid cos empresarios a moderación salarial, no mal chamado Pacto Social”. O secretario comarcal de CIG-Ferrol enfatizou na necesidade de que, no Día da Clase Obreira Galega, os traballadores e traballadoras do país reivindiquen os seus dereitos como clase.

 
 
Informacións relacionadas
07/03/2007 O xoves 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller Traballadora, haberá unha manifestación en Vigo
A CIG celebrará con mobilizacións e coa entrega dun premio o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
06/03/2007 Suso Seixo, secretario xeral da CIG:
“Temos que recuperar como un valor a loita da clase traballadora por dignificar as súas condicións laborais”
Manifestación e ofrenda floral en Ferrol
10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta