ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 6 de marzo de 2007

Muller, participa e loita!
8 de Marzo, Día Internacional da Muller

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  8 de Marzo: Muller, participa e loita!, clic para aumentar
Desde a Secretaría Confederal da Muller da Confederación Intersindical Galega reivindícase este 8 de marzo o dereito das mulleres a participar na negociación colectiva como ferramenta para corrixir as desigualdades existentes nas condicións laborais de mulleres e homes e contribuír ao estabelecemento dun marco de condicións de emprego equitativo por razón de xénero. Muller, participa e loita!
 
A Secretaría da Muller da CIG conmemora este ano o Día Internacional da Muller baixo o lema “Muller, participa e loita!”. Un lema co que se quere facer unha chamada ás traballadoras para que se impliquen na loita pola mellora das súas condicións laborais e sociais.

Segundo os datos reflectidos polo Consello Galego de Relacións Laborais, o número de mulleres de organizacións sindicais que participaron na negociación no último ano foi de 245, mentres que o número de homes foi de 882, o cal supón unha porcentaxe do 22% de participación feminina, fronte a un 78% de participación masculina.

Se atendemos aos convenios de empresa, no convenio de extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos, no convenio da industria da madeira ou no convenio de industria doutros produtos minerais non metálicos non houbo participación de mulleres na mesa. Tampouco a houbo no convenio de actividades informáticas, nin no de actividades diversas de servizos persoais, como tampouco no convenio da construción.

Todos estes convenios ilustran unha realidade coa que a CIG quere rachar: non existe unha participación equilibrada de homes e mulleres na negociación.

Máis aínda, se acudimos a estudos relacionados coa discriminación de xénero na negociación colectiva, atopamos as seguintes conclusións:

  • A presenza masculina é maioritaria nas mesas de negociación e nas comisións mixtas paritarias.

  • A presenza masculina é maior na representación social que na empresarial.

  • A maior presenza de mulleres representantes sindicais dase en sectores onde o persoal feminino é maioritario ou importante, e está ausente ou é moi escasa en sectores de man de obra tradicionalmente masculina.

  • Nos sectores con maior representación feminina adoita terse máis en conta no contido dos convenios a situación das traballadoras en aspectos relacionados coa igualdade e coa discriminación de xénero no traballo asalariado tales como a introdución de terminoloxía non sexista nos convenios, cláusulas antidiscriminatorias, a figura do acoso sexual... etc.

Por todo o exposto, desde a Secretaría Confederal da Muller da Confederación Intersindical Galega reivindícase este 8 de marzo o dereito das mulleres a participar na negociación colectiva como ferramenta para corrixir as desigualdades existentes nas condicións laborais de mulleres e homes e contribuír ao estabelecemento dun marco de condicións de emprego equitativo por razón de xénero.

Muller, participa e loita!

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta