ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 14 de marzo de 2007

Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Polo futuro e polo emprego da auxiliares do carbón; clic para aumentar
“Os que se aproveitaron durante décadas do espolio do carbón galego para a satisfacer a economía do Estado español e para o enriquecemento das eléctricas deben asumir as consecuencias dos peches das minas e, polo tanto, as alternativas para os operarios das auxiliares”, sinala Paulo Carril (levando a pancarta, no centro), representante da CIG na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón da Consellería de Industria. (Foto: Manifestación o 30 de setembro de 2006 en Ordes para esixir solucións e os mesmos dereitos para os traballadores/as das auxiliares do carbón que os que teñen os das empresas principais. ©galizacig.com).
 
A CIG, que estivo presente en todo momento nas asembleas de traballadores, fai propia a convocatoria de varias xornadas de folga que manterán os operarios das minas de lignito de Meirama e de As Pontes. A central nacionalista entende que é inadmisíbel que a día de hoxe aínda non se lle recoñezan os dereitos dos traballadores das empresas auxiliares á recolocación nas compañías principais e as prexubilacións, ante o peche da actividade extractiva previsto para finais deste ano. A CIG está a preparar o preaviso de folga.

A CIG quere manifestar que nin Lignitos de Meirama S.A. (Fenosa), nin o Goberno español, nin CCOO e UGT definiron solucións para os traballadores das auxiliares galegas, a través da Comisión de Seguimento do Plano Miner II, da que forman parte todos eles.

“Os que se aproveitaron durante décadas do espolio do carbón galego para a satisfacer a economía do Estado español e para o enriquecemento das eléctricas deben asumir as consecuencias dos peches das minas e, polo tanto, as alternativas para os operarios das auxiliares”, sinala Paulo Carril, representante da CIG na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón da Consellería de Industria.


Calendario da folga

Días 28 de marzo, 10 de abril, 11 de abril, 17 de abril, 18 de abril e 19 de abril.

 
 
Informacións relacionadas
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta