ActualidadeVolver a Actualidade

Santiago, 10 de marzo de 2007

As traballadoras de Mafecco e os operarios do sector do Metal de Pontevedra foron os galardoados
A CIG celebra con éxito a primeira edición dos premios da Igualdade de Xénero e do Día da Clase Obreira Galega

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com

  Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e de Servizos Sociais da CIG, foi a encargada de conceder o premio 8 de Marzo ás traballadoras da empresa téxtil coruñesa Mafecco.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Suso Seixo, secretario xeral da CIG foi o encargado de entregar o Premio do Día da Clase Obreira Galega, que nesta ocasión recaeu nos traballadores do sector do Metal da provincia de Pontevedra.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Mención especial “8 de Marzo” ás traballadoras da empresa “KAMAY” pola súa loita en defensa do seu posto de traballo e dun emprego estable.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Mención a Agustín Malvido. Á súa labor sindical na comarca de Vigo e á súa aposta persoal polo funcionamento orgánico débese en grande parte que hoxe a CIG sexa a primeira forza sindical nesta comarca.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Mención a Ricardo Domínguez (Pancho). Gran activista, participou destacadamente na loita en defensa do sector Naval durante a reconversión. Máis amigo de actuar que de falar, o seu mellor discurso foi sempre o seu exemplo persoal.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Mención a Andrés Fernández. É un referente no eido do ensino e foi peza clave para que a CIG-Ensino en Compostela se convertese no sindicato de maior afiliación, presenza e introdución.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Manola Ferreiro recolleu a mención a título póstumo concedida a súa irmá Xenoveva Ferreiro.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
A viúva de Manolo Grueiro recolleu a mención que lle foi concedida a título póstumo.
Premios Igualdade de Xénero e Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Xurxo Pérez recolleu a mención a título póstumo concedida ao seu pai, Eladio Pérez.

A CIG celebrou exitosamente a primeira edición dos premios da Igualdade de Xénero e do Día da Clase Obreira Galega, nos que foron galardoadas as traballadoras da empresa téxtil Mafecco e os operarios do sector do Metal da provincia de Pontevedra, respectivamente. Á gala, organizada no Palacio de Congresos de Santiago o pasado 9 de marzo, acudiron 170 persoas, entre representantes dos diferentes órganos da CIG e de organizacións convidadas.

Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e de Servizos Sociais da CIG, foi a encargada de conceder o premio 8 de Marzo ás traballadoras da empresa téxtil coruñesa Mafecco. “Nunca se dera unha loita no téxtil da comarca de A Coruña como a das traballadoras de Mafecco”, asegurou Elvira Patiño no acto. As mobilizacións e actos de protesta destas operarias impediron que a empresa despedise 70 compañeiras por medio dun expediente de regulación de emprego, que finalmente desestimou a Consellaría de Traballo, en boa medida, pola loita destas obreiras.

Pola súa banda, Suso Seixo, secretario xeral da CIG foi o encargado de entregar o Premio do Día da Clase Obreira Galega, que nesta ocasión recaeu nos traballadores do sector do Metal da provincia de Pontevedra.

A respecto dos galardoados, Seixo salientou o seu papel como referente na actividade sindical, non só no seu sector ou na provincia de Pontevedra, senón mesmo de todo o sindicalismo nacionalista e “sintetiza o modelo sindical que defende a CIG. Un modelo no que os protagonistas son os propios traballadores e non as cúpulas dirixidas desde Madrid”.

Ademais, destacou o seu compromiso, o seu carácter combativa, a súa capacidade de organización e a súa solidariedade. Alén diso, subliñou especialmente que a maioría destes traballadores son xente moi nova que padece especialmente a precariedade laboral.

De feito, foi precisamente esa situación de precariedade a que moveu aos traballadores a demandar non só melloras económicas senón tamén medidas concretas para loitar contra esa situación. Obxectivo que foi acadado grazas ás súas mobilizacións.

Un acto con futuro

Suso Seixo explicou as razóns que levaron á CIG a organizar este evento por vez primeira. Entre outras sinalou que é preciso que os premios adquiran unha maior proxección pública de cara ao futuro. “É premiar á clase traballadora como piar fundamental da sociedade na loita pola liberdade, pola democracia e pola soberanía dos pobos”, matizou.

Polo que respecta á consolidación da CIG como referente para os traballadores e traballadoras, sinalou que a central se marca como obxectivo converterse a principios do ano que vén na segunda forza sindical de Galiza, canto a representación, agora que xa conseguiu ser a primeira canto a afiliación.

Organizacións convidadas

Ao acto asistiron 20 organizacións convidadas:

- Consello Galego de Relacións Laborais.

- BNG: Francisco Jorquera Caselas, coordinador da Executiva Nacional e senador.

- Sindicato Labrego Galego: Lidia Senra, secretaria xeral.

- CAF.

- FPG: Mariano Ábalo, secretario xeral.

- AS-PG (Asociación Socio-pedagóxica Galega): Mª Xosé Bravo, vicepresidenta.

- ADEGA: Martiño Fiz.

- Asociación de Escritores en Lingua Galega.

- Asociación de Editores en Lingua Galega: Alfonso García Sanmartín.

- Asociación Galega de Historiadores: Uxío Breogán.

- Fundación Galiza Sempre: Xavier Macías.

- Fundación Bautista Álvarez: Roberto Milameá.

- Fundación Castelao e Fundación Alexandre Bóveda: Avelino Pousa.

- Esculca: Guillermo Presas.

- Xustiza e Sociedade: Miguel.

- Organización Galega de Comunidades de Montes: Xosé Pereira.

- Movemento polos Dereitos Civís: Renato Nuñes.

- Mesa pola Normalización Lingüística: Carlos Caión.

- Nunca Máis: Xaquín Rubido.

Convites individuais

- Xesús Iglesias, director da TVG.

- Benigno Sánchez, director da RTV.

- Afonso Eiré, director de A Nosa Terra.

- Luís Álvarez Pousa, director de Tempos Novos.

- Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.

- Xosé Díaz, economista.

- Ana Suevos, maxistrada do social.

- Mª Xosé Queizán, pola Revista Palabra Silenciada.

- Mª do Carmo García Negro, por CIFEX.

Mencións

Mención especial “8 de Marzo” ás traballadoras da empresa “KAMAY” pola súa loita en defensa do seu posto de traballo e dun emprego estable. Esta empresa do sector téxtil galego foi creada polo grupo SELMARK para poder así rotar ás traballadoras e non ter cadro de persoal fixo e con dereitos. As traballadoras comezaron a loita e a empresa decide trasladar parte da produción fóra de Galiza, tentando reducir persoal con despedimentos por “baixo rendemento”. Folgas, concentracións, etc, acompañaron os procesos xudiciais que un a un vanse gañando, quedando pendentes aínda varios xuízos por reclamación de cantidades.

Agustín Malvido: Traballador do vidro e cerámica en Vigo, afíliase ao SOG no ano 1976, seguindo o seu traballo e dedicación á defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras galegas ata o día de hoxe. Secretario comarcal de Vigo de ING en 1979 e posteriormente de INTG en 1981 e da CXTG ata o ano 1990, no que pasa a ser secretario comarcal da Converxencia Intersindical Galega. Xa en 1994 é elixido secretario comarcal de Vigo pola Confederación Intersindical Galega ata a súa xubilación en decembro de 1997. Á súa labor sindical na comarca de Vigo, á súa aposta persoal polo funcionamento orgánico, débese en grande parte que hoxe a CIG sexa a primeira forza sindical nesta comarca.

Ricardo Domínguez (Pancho): Traballador de Ascón, agudo, irónico, contundente e bo amigo. Afiliado ao sindicalismo nacionalista dende a CSG. Gran activista, participou destacadamente na loita en defensa do sector Naval durante a reconversión. Nunca formou parte do comité de empresa, pero a súa participación na loita foi sempre importante. Tras a reconversión e despois dunha longa loita, entra a traballar nas mesmas instalacións de Ascón, agora Metal-Ship. Máis amigo de actuar que de falar, o seu mellor discurso foi sempre o seu exemplo persoal.

Andrés Fernández: Militante sindicalista desde finais do ano 70 en Ferrol. Pronto forma parte da Dirección Nacional da UTEG e vai ser un dos primeiros liberados en Santiago cos que conta o ensino. Desempeñou diferentes responsabilidades, foi membro da Executiva da CIG-Ensino até que se xubilou da docencia hai dous anos. Sindicalista exemplar dedicado integramente ao traballo sindical nos últimos 28 anos como liberado sindical da CIG-Ensino. Andrés é tanto un referente interno como externo no eido do ensino de Compostela e foi peza clave para que a CIG-Ensino en Compostela se convertese no sindicato de maior afiliación, presenza e introdución.

Felisa García Castro: Foi das primeiras participantes na Unión dos Traballadores do Ensino en Galiza (UTEG), sindicato do ensino creado no curso 1973/74. A súa militancia no sindicalismo nacionalista remóntase a hai máis de 33 anos. Desempeñou diferentes responsabilidades ao longo da súa ampla e dilatada entrega militante no sindicalismo nacionalista. Foi membro da Dirección de INTG, da UTEG e da executiva da CIG-Ensino, presidenta da Xunta de Persoal docente non Universitaria da provincia de Lugo, etc. A súa entrega permanente, até a súa xubilación da docencia, supuxo un baluarte permanente e referente sindical ao longo de moitos anos na Comarca de Lugo (sen esquecer a súa etapa de traballo en Vigo). Sen lugar a dúbidas, na historia do sindicalismo de Galiza e nomeadamente no de Lugo, Felisa ocupa un lugar destacado.

A título póstumo

Xenoveva Ferreiro: Traballadora da Sanidade en Ourense, era unha muller comprometida política e sindicalmente co nacionalismo. Excelente compañeira e amiga, a sua conciencia nacionalista e o seu compromiso, como muller e como traballadora, fixo que participara, dende os primeiros momentos, na clandestinidade, na creación dos primeiros xermes organizativos do sindicalismo nacionalista e de clase en Galiza, participando activamente na creación da UTSG. Elixida membro da Xunta de Persoal da Residencia Sanitaria, estivo presente en todos os avatares e loitas do noso sindicalismo, desempeñando postos de responsabilidade sindical, tanto comarcais como nacionais, federais e confederales, sendo un referente de galeguismo e sindicalismo coerente. Así, foi secretaria comarcal de Ourense do sector da Saúde, e formou parte, no seu sector, da súa Dirección Nacional, e así mesmo, tamen foi membro da Dirección Comarcal, e da Dirección Nacional da Confederación, destacando sempre polo seu combate e entrega militante.

Manolo Grueiro: (Recolle a mención a súa viúva). Traballador de Fene (ASTANO) e membro do Consello Federal de CIG-Metal, polas súas inquedanzas afiliouse moi novo ao sindicalismo nacionalista. O seu compañeirismo e camaradería leváronno moi pronto a ser membro do Comité de Empresa. A súa labor sindical estivo sempre marcada pola solidariedade cos traballadores e traballadoras das compañías auxiliares. Foi un loitador, estando sempre na vangarda da loita, como así foi nas mobilizacións fronte á reconversión do sector Naval.

Eladio Pérez: (Recolle a mención o seu fillo, Xurxo Pérez). Desenvolveu unha importante acción sindical nacionalista nos anos duros do franquismo e nos primeiros anos da transición. Traballador do Comercio en Vigo, integrouse no SOG, formando parte da súa Dirección, así como posteriormente na ING.

Francisco Allegue Tenreiro: (Recolle a mención a súa viúva). Operario do estaleiro Astano, en Fene, participou da loita dos aprendices, ligándose axiña ao sindicalismo nacionalista, primeiro no SOG e despois na ING. Foi membro da Dirección Nacional e do Secretariado da INTG e da que foi secretario comarcal en Ferrol. Destacou na loita contra a reconversión naval en Ferrol a partir do ano 1984.

Ismael Otero “Clavelitos”: (Recolle a mención o seu fillo, Ismael Otero). Traballador de Citroën, foi despedido por mor da folga do ano 1972, traballando posteriormente no sector do Transporte. Á súa incidencia persoal débese en gran medida a introdución e protagonismo do sindicalismo nacionalista na área sur de Pontevedra neste sector durante as primeiras folgas da transición.

Silo Castro: (Recolle a mención a súa filla, Paula Castro). Traballador da Banca na zoa de A Coruña, foi militante sindical da CSG da que foi secretario de Coordinación. En 1982 unifícase a CSG coa INTG. Tivo un papel destacado na Federación de Banca, sendo secretario nacional da UTBG, así como membro da Dirección Nacional da INTG e do seu Secretariado. Entre os seus obxectivos sempre estivo conseguir un Convenio Galego de Banca e a loita contra a amortización de postos de traballo no sector.

Informacións relacionadas
07/03/2007 O xoves 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller Traballadora, haberá unha manifestación en Vigo
A CIG celebrará con mobilizacións e coa entrega dun premio o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
06/03/2007 Suso Seixo, secretario xeral da CIG:
“Temos que recuperar como un valor a loita da clase traballadora por dignificar as súas condicións laborais”
Manifestación e ofrenda floral en Ferrol
10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
Os grupos nacionais A Quenlla, Os tres trebóns e mais Dandy Fever actuarán pola tarde no Cantón
10 de Marzo: xornada reivindicativo-festiva en Ferrol
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio

Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/03/2007
cig.informatica

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta