ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago-Vigo, 9 de marzo de 2007

Conmemórase o 8 de Marzo con concentracións e asembleas en toda Galiza
A CIG defende a negociación colectiva como principal ferramenta para dignificar as condicións laborais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Vigo acolleu o acto máis numeroso, cunha grande asemblea e unha manifestación de máis de 500 persoas. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
A secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais, Elvira Patiño, e mais Dolores Martínez, secretaria comarcal de Organización e responsábel comarcal do sector de Téxtil e Alimentación, foron as encargas de presentar en A Coruña a campaña “Muller: participa e loita”. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
O día 7 celebrouse en Lugo unha asemblea de delegadas/os na que interveu Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, e á que asistiu perto dun centenar de persoas. Posteriormente, delegadas e delegados concentráronse diante da Confederación de Empresarios. (Fotos: ©galizacig.com 07/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Na Mariña a CIG repartiu boletíns sindicais nas empresas e informou os traballadores e traballadoras. (Foto: ©galizacig.com 08/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
En Compostela os delegados e delegadas encheron a Sala Castelao da Facultade de Medicina e participaron no debate suscitado logo das intervencións de Ana Lois, da Executiva da federación de Administración, Ramiro Oubiña, secretario confederal de Finanzas e Suso Seixo, secretario xeral da CIG. Tras da asemblea celebrouse unha concentración na Praza do Obradoiro en apoio ás traballadoras de ISS, concesionaria do servizo de limpeza do Concello. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
En Pontevedra celebrouse unha marcha e unha concentración na que preto de cen delegados e delegadas lembraban que “a loita continúa”, en relación ao 10 de marzo, e a necesidade da participación activa das mulleres para transformar a situación coa que se enfrontan. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
8 de Marzo: Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Despois dunha asemblea de delegadas e delegados tivo lugar na cidade de Vigo unha manifestación de máis de 500 persoas que saía pasadas ás doce da mañá da Vía Norte e remataba na entrada principal do Edificio da Xunta, reclamando salarios dignos e convenios en Galiza. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
 
A CIG celebrou actos en todo o país con motivo do Día da Muller Traballadora e como preludio do Día da Clase Obreira Galega. Vigo acolleu o acto máis numeroso, cunha grande asemblea e unha manifestación de máis de 500 persoas, e o resto das comarcas conmemoraron esta data tamén con asembleas, concentracións e repartos de panfletos nas propias empresas.

A negociación colectiva centra este ano, tanto no caso do Día Internacional da Muller Traballadora, como no Día da Clase Obreira Galega, os actos da CIG en conmemoración de ambas datas.

A Confederación Intersindical Galega pon especial énfase na negociación colectiva porque asume que esta é a principal ferramenta que teñen as traballadoras e traballadores para loitar por dignificar as súas condicións laborais e salariais, frear a precariedade e a sinistralidade, e participar directamente nos procesos.


Asembleas e concentracións

A Coruña

Un centenar de delegadas e delegados de A Coruña participaron na asemblea celebrada no Día Internacional da Muller Traballadora. A secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais, Elvira Patiño, e mais Dolores Martínez, secretaria comarcal de Organización e responsábel comarcal do sector de Téxtil e Alimentación, foron as encargas de presentar en A Coruña a campaña “Muller: participa e loita”. Tamén reflexionaron acerca da nova Lei de Igualdade entre Mulleres e Homes, que aínda se atopa en proceso lexislativo no Congreso español. Entre outros aspectos desta norma, Elvira Patiño denunciou que só prevé a obrigatoriedade de Planos de Igualdade naquelas empresas con máis de 250 traballadores e traballadoras, “e non o exixa nas demais, que son a maioría, sobre todo no noso país”.


Lugo

Na Comarca de Lugo, o pasado día 7, celebrouse unha asemblea de delegadas e delegados na que interveu Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laborale, e á que asistiu perto dun centenar de persoas. Na asemblea deuse conta das propostas da CIG para a negociación colectiva deste ano e informouse da sinatura do pacto de moderación salarial entre os sindicatos españois UGT e CCOO coa patronal. Posteriormente, os delegados e delegadas concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Lugo.


A Mariña e Ferrol

Na Mariña e en Ferrol, a CIG repartiu boletíns sindicais nas empresas e informou aos traballadores e traballadoras.


Compostela

En Compostela os delegados e delegadas encheron a Sala Castelao da Facultade de Medicina e participaron no debate suscitado logo das intervencións de Ana Lois, da Executiva da Federación de Administración, Ramiro Oubiña, secretario confederal de Finanzas, e Suso Seixo, secretario xeral da CIG.

Ana Lois centrou a súa intervención na historia do 8 de marzo e lembrou que as razóns que levaron a mobilizarse ás mulleres do téxtil de Nova Iorque hai xa un século -dignificar as súas condicións laborais- son as mesmas que se seguen a reivindicar hoxe. Ademais, fixo un chamamento á implicación na acción sindical das traballadoras a todos os niveis superando os medos e complexos que polo peso cultural limitan a súa actividade pública.

Pola súa banda, Ramiro Oubiña explicou as graves repercusións que para a clase traballadora galega teñen os Acordos Interconfederais de Negociación Colectiva e a necesidade de acadar un marco galego que permita ás traballadoras e traballadores participar directamente nos procesos.

Oubiña salientou tamén a importancia de que a CIG acade unha importante representación sindical para ter máis capacidade para presionar nas mesas e limitar a posibilidade de que CCOO e UGT cheguen a pactos coa patronal de costas aos traballadores e traballadoras. Por iso fixo un chamamento para que traballadoras e traballadores se impliquen no proceso de eleccións sindicais que se prolongará durante todo este ano 2007.

Suso Seixo, secretario xeral da CIG, pechou a quenda de intervencións dando conta das razóns que levaron á central a abandonar as mesas para o Acordo Galego polo Emprego e os escasísimos avances do recén asinado.

Tras da asemblea celebrouse unha concentración na Praza do Obradoiro en apoio ás traballadoras de ISS, concesionaria do servizo de limpeza do Concello. No peche do acto, ao que asistiron máis de 200 persoas, dúas das traballadoras en folga agradeceron, en nome de todas as compañeiras, a solidariedade manifestada en todo momento pola CIG.

O secretario comarcal, Anxo Noceda, aproveitou a ocasión para exixir do alcalde da cidade, que nese intre entregaba os premios do 8 de marzo, unha solución inmediata para estas traballadoras que levan xa 40 días en folga. Noceda demandou ademais para elas o premio do Día da Muller Traballadora. “Son as que máis o merecen, porque esta loita é precisamente por conseguir igualdade de dereitos e por mellorar as súas condicións laborais e salariais”.

No mesmo sentido, Suso Seixo, secretario xeral, denunciou a hipocresía de quen dá discursos sobre a situación de desigualdade na que se atopa a muller e a necesidade de pór en marcha medidas para que as súas condicións melloren –en referencia a Bugallo- pero que logo intervén nun conflito levado por mulleres, non para mediar senón mesmo para dificultar a súa solución.

Seixo aproveitou a clausura do acto para trasladar a solidariedade da central a estas 30 traballadoras e lamentou que pola súa situación teñan que ser as primeiras en recorrer á caixa de resistencia.


Pontevedra

A xornada comezaba con unha asemblea de delegadas e delegados no Edificio Sindical da Praza da Ferreiría, que remataría para dar paso unha marcha até a Praza do 8 de Marzo. Nesta praza celebrouse unha concentración na que preto de cen delegados e delegadas lembraban que “a loita continúa”, en relación ao 10 de marzo, e a necesidade da participación activa das mulleres para transformar a situación coa que se enfronta este colectivo.


Vigo

Despois dunha asemblea de delegadas e delegados celebrada nos Capuchinos tivo lugar na cidade de Vigo unha manifestación de máis de 500 persoas que saía pasadas ás doce da mañá da Vía Norte, coa faixa de cabeceira da Secretaría da Muller que levaba por lema “Combater a precariedade, coa negociación colectiva”, e que visibilizaba as demandas presentadas polo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

A segunda faixa incidía na temática deste ano polo Día da Clase Obreira Galega, “Convenios en Galiza, Salarios dignos”, e dirixía a mobilización polas rúas de Urzaiz e Colón até a entrada principal do Edificio da Xunta, reclamando no manifesto de remate un marco galego de relacións laborais e que estas relacións sexan xustas, desde e no noso país, e que non se esquezan nas mesas de negociación colectiva a necesaria inclusión das políticas contra as discriminacións e pola igualdade.

 
 
Informacións relacionadas
09/03/2007 O médico empurrou violentamente unha muller na concentración do 8 de Marzo que, ao caer, bateu fortemente coa cabeza no chan
A CIG denuncia ao doctor Bayo de Enrique por agresión a unha muller e por omisión do deber de auxilio
08/03/2007 22 paneis contra as discriminacións
Unha exposición da Secretaría da Muller visibilizará nas rúas de Vigo a acción feminista
07/03/2007 Muller, participa e loita!
Asembleas e concentracións en todas as comarcas os días 7 e 8 de marzo
Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais:
“A negociación colectiva é a mellor ferramenta que temos as traballadoras para fixar a igualdade”
06/03/2007 Muller, participa e loita!
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
A taxa de temporalidade da muller acadou o 38,6% en 2006
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta