ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 9 de marzo de 2007

O médico empurrou violentamente unha muller na concentración do 8 de Marzo que, ao caer, bateu fortemente coa cabeza no chan
A CIG denuncia ao doctor Bayo de Enrique por agresión a unha muller e por omisión do deber de auxilio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
A muller agredida, María Galán Sánchez, xa foi dada de alta despois de ter sido trasladada polo 061 ao Hospital Juan Canalejo de A Coruña e logo de que lle diagnosticasen un traumatismo craneoencefálico leve.
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
O doctor Bayo de Enrique, despois de ter perpetrado esta agresión, recluíuse no interior da súa clínica e nin sequera se interesou polo estado de saúde da muller agredida, que permanecía deitada no chan cunha grande conmoción.
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
Antes de que acontecese a agresión do doctor Bayo, uns 80 delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do 8 de marzo perante a clínica xinecolóxica privada Arggora en protesta polo acoso laboral que está a sufrir unha traballadora deste centro. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
Agresión de Bayo de Enrique a unha muller, clic para aumentar
 
Elvira Patiño, secretaria confederal da Muller, e Paulo Carril, secretario comarcal de A Coruña, denunciaron, en representación da CIG, o doctor José Ángel Bayo de Enrique, propietario da clínica xinecolóxica privada Arggora, por agredir unha muller presente na concentración que organizou o sindicato nacionalista o 8 de marzo ás portas deste centro e por omitir o seu deber de auxilio a unha persoa ferida.

O doctor Bayo de Enrique, despois de ter perpetrado esta agresión, recluíuse no interior da súa clínica e nin sequera se interesou polo estado de saúde da muller agredida, que permanecía deitada no chan cunha grande conmoción.

A muller agredida, María Galán Sánchez, xa foi dada de alta despois de ter sido trasladada polo 061 ao Hospital Juan Canalejo de A Coruña e logo de que lle diagnosticasen un traumatismo craneoencefálico leve. A propia muller tamén denunciou a agresión que sufriu e aportou o parte de lesións.


Concentración previa á agresión

Antes de que acontecese a agresión do doctor Bayo, uns 80 delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do 8 de marzo perante a clínica xinecolóxica privada Arggora (Ronda de Nelle, 140 baixo), en protesta polo acoso laboral que está a sufrir unha traballadora deste centro, que na actualidade se atopa de baixa pola situación de tensión e estrés que padece, derivada dos insultos e vexacións ás que se ve sometida por parte do xefe. Esta empregada, que leva 26 anos traballando para o doctor Bayo de Enrique, traballaba de recepcionista mais foi relegada das súas funcións e recluída nun cuarto, soa e co único cometido de transcribir revistas médicas.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta