|
Actualidade
A Coruña, 16 de marzo de 2007
Insta á Consellaría de Traballo
a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatos
A CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do Goberno
| |
 |
| A CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada
do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os
traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día
anterior pola empresa. (Fotos: ©galizacig.com
15/03/2007). |
 |
| Mónica Díaz, vicepresidenta do
comité de empresa de Atento A Coruña e delegada da CIG, foi unha das persoas agredidas pola policía
española. Nesta imaxe atende os medios de comunicación despois da carga. |
 |
| Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'35'',
espazo en disco: 22.646.770 bytes [21,5 Mb]). |
A CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada
do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os
traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día
anterior pola empresa. O verdadeiro problema son os 179 despedimentos, polo que a CIG insta as administracións
a que se impliquen na defensa dos dereitos dos empregados/as de Atento, en troques de criminalizalos.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, considera
que Obdulia Taboadela actúa ao dictado de intereses partidistas ordenando estas cargas policiais: a do día
15 en Atento e mais a da madrugada do día 13 contra os funcionarios municipais no Obelisco. “Por coherencia e decencia, é imprescindíbel que
a subdelegada dimita, xa que non podemos ignorar que esta señora está incluída nos postos
de saída da candidatura socialista ao Concello de A Coruña. Obdulia Taboadela empañou nesta
última semana a súa traxectoria á fronte da Subdelegación do Goberno e actuou estes
días cuns comportamentos propios de autoridades de réximes fascistas, ao reprimir pola forza as lexítimas
reivindicacións de diferentes colectivos de traballadores/as da cidade”.
Por outra banda, a CIG insta á Consellaría
de Traballo a que constitúa con urxencia unha mesa de negociación para achar solucións ao
conflito de Atento. “Solicitamos que nesta mesa estean presentes a propia Consellaría, os sindicatos e mais
a empresa”, manifestaron.
|