|
Actualidade CIG-Comunicación-
A proposta de CIG-Ensino parte da necesidade de equilibrar un horario obrigatorio con peso en todas as áreas de coñecemento, e concrétase no seguinte: ampliar a carga lectiva de Tecnoloxía até 6 horas, de Música a 4 e de Plástica e Visual a 5 horas de impartición obrigatoria en toda a ESO, atendendo á seguinte distribución: Plástica e Visual impartirían 3 en 1º e 2 en 3º. Música 2 en 1º e 2 en 2º e Tecnoloxía 3 en 2º e 3 en 3º. Estas horas sairían da redución de Relixión, Educación para a cidadanía e a supresión do Proxecto interdisciplinar. Ademais, no relativo á 2º Lingua estranxeira entenden que debe ter un horario obrigatorio de 2 horas en 1º e 2 en 2º e logo, o resto do horario, optativo. A Consellaría, ante as mobilizacións levadas a cabo polo profesorado afectado, vai reconsiderar a súa proposta de cargas lectivas na ESO e manifestou que traerá ao Pleno do Consello Escolar do vindeiro 13 de abril unha nova proposta que incidirá no horario das materias de Tecnoloxía, Plástica e Música. Para iso terá en conta a proposta da Permanente do Consello Escolar que traslada que se incrementen as cargas horarias a 6 horas en tecnoloxía, 4 en plástica e 4 en música. A Consellaría dará a coñecer a súa postura final 48 horas antes do Pleno do Consello Escolar. A CIG-Ensino valora positivamente esta decisión e agarda que a proposta da Consellaría recolla as demandas realizadas e avaladas polo profesorado. As organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial presentaron un escrito conxunto demandando que, á volta de Semana Santa, a Consellaría traia de novo á Mesa Sectorial a orde de calendario escolar para o curso 2007-2008. A CIG-Ensino xa deixou claro que non acepta a posición da Consellaría de eliminar a xornada en horario matinal nos meses de setembro e xuño e recolleu en menos dunha semana ao redor de 6.000 sinaturas avalando o mantemento deste tipo de xornada, sinaturas que se incrementan hora a hora. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/03/2007 |
||||||
|