|
Actualidade / Entrevista Antón Álvarez Sanz (CIG)-
A CIG ten moitas afiliadas, ao redor do 40% da afiliación son mulleres que participan na vida sindical das empresas, nas asembleas de persoal. Mais existe unha barreira que cómpre rachar para que as mulleres participen nas eleccións sindicais e formen parte das candidaturas da CIG. Facemos un chamamento a todas as nosas afiliadas a que participen activamente nas eleccións sindicais. Antón Álvarez: Cal é a importancia que adquire a negociación colectiva para a consecución da igualdade? Elvira Patiño: Entendemos que é a mellor ferramenta que temos as traballadoras para fixar os principios de igualdade: na contratación, na promoción, na formación, nas retribucións, nas categorías profesionais e en todo o que ten a ver coa conciliación da vida laboral e familiar. Todos estes son temas a tratar na negociación colectiva. Por tanto, pese a haber leis como a de Conciliación e a de Igualdade, que está pendente de ser aprobada no Senado español, a mellor ferramenta é a negociación colectiva. Seguen a existir moitas desigualdades na contratación, onde as traballadoras acumulan contratos temporais, a tempo parcial, mal retribuídas, etc. Un aspecto que cómpre denunciar é a discriminación que existe na clasificación profesional dos postos de traballo, que adoita ser machista. Tal como denunciamos en campañas doutros anos, todo o que remata en xénero masculino son profesións superiores (avogado, xuíz, médico), mentres que os postos de menor cualificación son femininos (limpadora). A linguaxe é sexista e, a menor categoría profesional, menor salario.
Elvira Patiño: Toda lei cuxo obxectivo sexa acadar a igualdade benvida sexa. Mais, caemos no perigo de quedarmos só no politicamente correcto. Na lei estatal de Igualdade si se recollen medidas positivas, ao igual que na autonómica. Porén existe moita dispersidade. O permiso de paternidade preséntase como o grande boom, mais perdemos unha grande oportunidade de equipararmos con outros Estados europeos que teñen grandes conquistas no eido da conciliación das vidas laboral e familiar. Aquí, a ampliación do permiso de maternidade non se toca, as axudas e facilidades para as familias fican no aire, non se especifican. Perdemos a grande oportunidade de equipararnos con estes países. Ademais, os empresarios españois non están polo labor. Mal imos coa súa actitude. A conciliación non só atinxe ás mulleres, tamén aos homes. Historicamente fomos nós as que tivemos que conciliar o traballo e a familia, mais isto ten que mudar. Vicepresidencia da Xunta aprobou unha orde que subvenciona reducións de xornada para os homes e para as unidades familiares monoparentais. Parécenos positivo. Mais as axudas son insuficientes e poucos homes se acollen porque economicamente non lles compensa. Logo está o problema de natalidade no noso país, unha das máis baixas de Europa. A isto hai que engadirlle o envellecemento da poboación. A baixa natalidade é un problema do país e o tema da maternidade non é exclusivo da muller, senón do conxunto da sociedade. Antón Álvarez: Como está a representación feminina nos órganos de dirección da CIG? Elvira Patiño: Dentro da vida do sindicato, segue habendo poucas mulleres nas executivas. Si é verdade que no último Congreso da CIG aprobamos que calquera lista da nosa central a calquera organismo ten que ter, como mínimo, o tanto porcento de participación feminina en relación á afiliación. Segue a ser moi baixa a participación orgánica das mulleres na CIG. É importante esta participación, primeiro, como parte da clase obreira galega que somos e, segundo, porque pensamos que como mulleres temos que abandeirar a loita pola igualdade, que é unha loita que se ten que dar na sociedade e no sindicato. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2007 |
||||
|