ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 7 de marzo de 2007

Muller, participa e loita!
Asembleas e concentracións en todas as comarcas os días 7 e 8 de marzo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  8 de Marzo: Muller, participa e loita!, clic para aumentar
Muller, participa e loita!
 
A CIG ten convocadas concentracións e asembleas de delegadas e delegados os días 7 e 8 de marzo en todo o país, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora e como mobilizacións previas ao Día da Clase Obreira Galega.


7 de marzo

Lugo

Ás 10:30 horas convócase asemblea de delegadas e delegados no edifico sindical e contará coa participación de Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral.

Ás 12:30 horas celébrase concentración de delegados e delegadas perante a sede da Confederación de Empresarios de Lugo.

Ourense

De 9:30 a 13:30 horas está convocada unha asemblea de delegadas e delegados na Casa Sindical na que se tratarán temas relacionados coa negociación colectiva e o 10 de marzo.


8 de marzo

A Coruña

Ás 10:00 horas celebrarase unha asemblea de delegadas e delegados no Edificio Sindical, situado na avenida Alfonso Molina. No acto presentarase a campaña do 10 de Marzo e os Planos de Igualdade nas empresas ademais do enfoque de xénero na negociación colectiva.

Ás 12:30 horas, as delegadas e delegados concentraranse perante a clínica xinecolóxica privada Arggora en protesta polo acoso laboral que está a sufrir unha traballadora deste centro, que na actualidade se atopa de baixa pola situación de tensión e estrés que padece, derivada dos insultos e vexacións ás que se ve sometida por parte do xefe. Esta empregada, que leva 26 anos traballando para o Dr. Bayo de Enrique, desenvolvía labores de recepcionista mais foi relegada das súas funcións e recluída nun cuarto, soa e co único cometido de transcribir revistas médicas.

A Mariña e Ferrol

Repartirán nesta data propaganda sindical polas empresas destas dúas comarcas.

Pontevedra

Celébrase o 8 de marzo cunha asemblea de delegados/as no local sindical ás 10 horas e as 12:00 horas manifestación desde o local sindical até a Praza 8 de marzo.

Santiago

Ás 10:00 horas, na Facultade de Medicina ten lugar unha asemblea de delegadas e delegados que concluirá cunha concentración no Obradoiro, ás 12:30 horas para manifestar ademais o apoio ás traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Santiago, en folga desde hai semanas.

Vigo

Coincidindo co Día da Muller Traballadora, celébrase unha manifestación con saída dos Capuchinos, previa celebración dunha asemblea de delegados/as, na propia praza, ás 10 da mañá.

• Asemblea de delegadas e delegados

Ás 10:00 horas, o xoves 8 de marzo nos Capuchinos (rúa Vazquez Varela).

A asemblea de delegadas e delegados será presentada polo secretario comarcal, Xerardo Abraldes e pola secretaria comarcal da Muller, Raquel Pazos, e se debaterán e presentarán os seguintes temas:

    • Ester Mariño falará das políticas de igualdade e da súa importancia na negociación colectiva.

    • Presentarase a nova guía de boas prácticas de saúde laboral elaborada polo Gabinete Técnico da CIG.

    • Abordarase a celebración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, que este ano leva por lema: “Non aos pactos de contención salarial. Salarios dignos”.

• Manifestación

Do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, e polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, que sairá ás 12:00 horas de Vía Norte e rematará fronte a entrada do Edificio Central da Xunta.

Unha manifestación que percorrerá as rúas centrais de Vigo, e na que a faixa de cabeceira levará por lema: “Combate a precariedade laboral coa negación colectiva, Secretaría da Muller da CIG” e a segunda “Por uns salarios dignos Convenios en Galiza”.

A Secretaría da Muller pendurará ao longo do percorrido da mobilización unha exposición con 22 paneis con deseños gráficos que visibilizan cal é a situación da muller no ámbito laboral e as medidas que se aportan desde a CIG para combater esta situación.


Muller, participa e loita!

 
 
Informacións relacionadas
07/03/2007 Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais:
“A negociación colectiva é a mellor ferramenta que temos as traballadoras para fixar a igualdade”
06/03/2007 Muller, participa e loita!
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
A taxa de temporalidade da muller acadou o 38,6% en 2006
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta