|
Actualidade
A Coruña, 21 de marzo de 2007
A xuntanza mantida entre empresa e sindicatos,
baixo a mediación da Inspección de Traballo, foi infructuosa
Atento fai efectivos os 179 despedimentos en A Coruña
| |
 |
| As mobilizacións diante da sede da empresa
proseguiron o 20 de marzo, tal como acontecera nas xornadas anteriores. (Fotos: ©galizacig.com 20/03/2007). |
 |
| Novamente, os antidisturbios da policía
española seguiron moi de perto estas concentracións. |
 |
| O conflito segue na rúa e se repetiron
as concentracións e os cortes de tráfico. O venres 23 hai prevista unha manifestación, que
partirá da rúa Juan Flórez ás 20 horas. |
 |
| Vivíronse grandes momentos de emoción
cando as persoas despedidas abandonaron os seus postos. |
 |
| As empregadas e empregados de Atento fixeron
dous paros de protesta de 40 minutos durante a xornada na que se fixeron efectivos os 179 despedimentos. |
 |
| Os compañeiros/as arroupáronos
e vestíronse con prendas negras, como símbolo do loito e de solidariedade pola marcha dos traballadores/as
despedidos. |
Atento fixo efectivos, o 20 de marzo, os 179
despedimentos que anunciara días atrás. Nesta mesma xornada celebrouse unha xuntanza entre representantes
da empresa e os sindicatos, baixo a mediación da xefa provincial da Inspección de Traballo, que rematou
sen acordo pois Atento di que os despedimentos son “irrevogábeis”.
Porén, os traballadores e traballadoras
seguen coas xestións perante as administracións e o mércores 21 reuniranse coa delegada provincial
da Consellaría de Traballo. Mentres, o conflito segue na rúa e se repetiron as concentracións
e os cortes de tráfico. O venres
23 hai prevista unha manifestación, que partirá da rúa Juan Flórez ás 20 horas.
Os empregados/as de Atento fixeron dous paros
de protesta de 40 minutos durante a xornada na que se fixeron efectivos os 179 despedimentos. Vivíronse
grandes momentos de emoción cando as persoas despedidas abandonaron os seus postos. Os compañeiros/as
arroupáronos e vestíronse con prendas negras, como símbolo do loito e de solidariedade pola
marcha dos traballadores/as despedidos. Houbo tamén reproches dos empregados/as á dirección
de Atento en A Coruña, pola súa actuación no conflito. A única resposta que obtiveron
dos xefes foi chamar a policía para que entrase nas dependencias da empresa. Os uniformados chegaron a entrar,
mais non houbo ningunha incidencia.
As mobilizacións diante da sede da empresa proseguiron o 20 de marzo, tal como acontecera nas xornadas anteriores.
Novamente, os antidisturbios da policía española seguiron moi de perto estas concentracións.
|