ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 26 de marzo de 2007

Intervención de Hugo Moldis no XI Seminario Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Bolivia, escenarios posíbeis

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Hugo Moldis no XI Seminario Internacional en México; clic para aumentar
Hugo Moldis é coordenador do ‘Estado Mayor del Pueblo’ (EMP) unha estructura na que se integran unhas trinta organizacións sindicais e sociais, así como representantes políticos. (Fotos: ©galizacig.com).
Hugo Moldis no XI Seminario Internacional en México; clic para aumentar
vídeo wmvDescarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 12'54'', espazo en disco: 32.810.624 bytes [31,2 Mb]).
 
No Seminario Internacional de México, organizado polo Partido do Traballo, estivo presente Hugo Moldis que fixo unha análise sobre os catro escenarios posíbeis en Bolivia, que reproducimos no vídeo anexo a esta nota. Sen dúbida trátase dun documento de interese xa que Bolivia, despois de Cuba e Venezuela, é o país onde as transformacións políticas e sociais son máis fortes en América Latina.

Hugo Moldis é coordenador do ‘Estado Mayor del Pueblo’ (EMP) unha estructura na que se integran unhas trinta organizacións sindicais e sociais, así como representantes políticos. A direción está formada por nove persoas. Entre elas, ademais de Moldis, están: Roman Loayza, Genaro García, Roberto Calasich, Patricia Tellería...

Nos últimos meses o EMP, que respalda ao governo de Evo Morales, non só mantivo fortes enfrontamentos coa dereita senón ademais diverxencias coa Central Obreira Boliviana, sobre a conveniencia das mobilizacións que a COB promove nun escenario como o actual en Bolivia, xa que, segundo o EMP, favorecen á reación e ao imperialismo. Por exemplo, coas medidas de forza realizadas por transportistas e traballadoras/es da saúde, e apoiadas pola COB.

O Estado Maior do Povo Boliviano naceu no ano 2003 e daquela estaba integrado por:
Central Obrera Boliviana; centrais obreiras departamentais (Cochabamba, Oruro, La Paz, Potosí, Sucre); Confederación de Trabajadores Fabriles de Bolivia; Confederación de Colonizadores de Bolivia; Confederaciones de Maestros Rurales y Urbanos; Confederación de Mujeres Campesinas; Confederación de Trabajadoras del Hogar; Federación de Trabajadores Fabriles de Cochabamba; Federación de Constructores; Federación de Maestros Urbanos, Rurales y del Trópico Cochamabino; Federaciones de Trabajadores Campesinos (Cochabamba, Santa Cruz, Oruro, Centrales Sindicales de Trabajadores Campesinos de La Paz); Federación de Regantes; FUL-UMSS (Federación Universitaria Local-Universidad Mayor San Simón); Federaciones Cocaleros; Movimiento Sin Tierra, Federación de Mujeres Campesinas Bartolina Sisa; Prestatarios; CONALTAVIS (Confederación Nacional de Trabajadores Adjudicatarios de Vivienda de Interés Social); Desocupados; Comité de Defensa del Patrimonio Nacional; y delegados de base de todos estes sectores.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta