|
Actualidade CIG-Comunicación-
Para este último caso a Federación de Ensino da CIG propón
varias unidades didácticas,
ás que poden acceder na súa páxina web,
ou ben traballar cunha publicación que veñen de sacar á rúa: Este pequeno traballo non é algo totalmente novidoso, pero desde a CIG-Ensino quixeron facer unha adaptación específica ao ámbito educativo, para así poder contar nas aulas cunha serie de pautas a seguir para non discriminar á muller a través da lingua. Destaca nesta publicación a introdución feita por Mª Pilar García Negro, profesora de Lingua da Universidade de A Coruña, na que trata da necesidade da renovación lingüística para que a muller non fique invisíbel: “Realidade que non se nomea, realidade que non existe ou existe invisibilizada”. No curso pasado a CIG-Ensino levou a cabo unha campaña en demanda de novas medidas de conciliación da vida laboral e familiar no ensino, facendo especial fincapé na urxente necesidade de posibilitar a acumulación do período de lactación. Esta reivindicación, a da acumulación da lactación, tivo éxito, pois foi unha das medidas que puxo en marcha a Consellaría de Educación, xunto con algunha outra en aplicación das novas leis sobre igualdade e contra a violencia de xénero. Porén, consideran que queda moito camiño que andar aínda, tamén no terreo legal e normativo, pois as citadas leis terán que concretarse noutras, como son a Lei da Función Pública de Galiza, a negociar sen moita demora. Para iso, a CIG-Ensino defenderá unha serie de medidas que, de levarse a cabo, mellorarían notoriamente a conciliación de vida familiar e laboral; medidas todas elas dirixidas a mulleres e homes, na idea de que tamén é necesaria a corresponsabilidade familiar e doméstica. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2007 |
|||||||
|