|
Actualidade CIG-Comunicación-
Para a CIG os currículos estanse a tramitar cunha premura excesiva, sen ter en conta a opinión do profesorado, que non coñecerá os currículos aos que debe suxeitarse até pouco tempo antes da reanudación da actividade lectiva. A Consellaría presentou unha proposta que introduce a redución da carga lectiva das materias de Tecnoloxía, Plástica e Música. Fronte a este documento a CIG fixo unha proposta de incremento destas materias, que pretende manter a carga horaria que teñen na actualidade, baseándose, fundamentalmente, na redución da carga horaria de relixión, educación para a cidadanía e proxecto interdisciplianar. A CIG foi a única organización sindical que defendeu a redución nunha hora da materia de relixión e doutra hora na materia de educación para a cidadanía. Deste xeito, CIG-Ensino entende que pode realizarse a proposta horaria que se recolle no seguinte cadro (refírese a horario de impartición obrigatoria), comparándoa coa actual e coa que propuxo a Consellaría:
Por outro lado, ante a pregunta da CIG a Consellaría respostou que o profesorado do corpo de mestres que imparte en primeiro ciclo da ESO ten preferencia na impartición de Ciencias da Natureza neste ciclo, e que despois deles poderán impartir indistantemente profesorado do corpo de secundaria de Bioloxía e Xeoloxía ou de Física e Química. A CIG defendeu que no anexo IV en que se recollen as titulacións requeridas para impartir determinadas materias, no caso de informática tivese preferencia o profesorado de Tecnoloxía (esta materia aparece como desdobre da Tecnoloxía) e que tamén a poida impartir o profesorado especialista de informática. Neste caso a Consellaría si aceptou a proposta. Ademais, demandouse que se oferten como optativas obrigatorias Ciencias Medioambientais e da sáude e Informática. Outro dos puntos máis debatidos foi o relativo ao horario de apertura dos centros, pois o borrador propón que os centros poderían ter autonomía para ampliar o horario escolar, cuestión á que a CIG se opuxo pois se trata dunha medida que crea centros de diferente tipo e incide nas desigualdades territoriais e de oportunidades. Neste caso concreto a Consellaría estase limitando a traducir o Decreto estatal sen facer uso das súas competencias. Tras un intenso debate, en que as restantes organizacións sindicais presentes na Mesa coincidiron coa CIG en rexeitar esta proposta de autonomía horaria, a Consellaría acabou por manifestar que estudarían a demanda de que se estabeleza un único horario para todos os centros. A CIG lamenta, en todo caso, que a Consellaría trouxese á Mesa negociadora unha posición fechada a respecto da carga horaria e que se negase a recoller algunha das demandas presentadas. Desde a CIG realizouse unha proposta meditada, que coincide coa demandada polos colectivos de profesorado afectados, e que aúna a defensa da calidade do ensino co mantemento da carga horaria para o profesorado, evitando unha redución de cadros de persoal que conleve o despedimento do profesorado interino ou a mobilidade forzosa para o profesorado definitivo. |
|||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2007 |
|||||||||||||||||||
|