ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 12 de marzo de 2007

A descentralización da Negociación Colectiva será un dos piares da plataforma reivindicativa da CIG
Constituída en Madrid a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
O 29 de marzo, na primeira xuntanza negociadora, a CIG fará pública a súa plataforma reivindicativa.
 
O pasado 8 de marzo constituíuse en Madrid a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros. A reunión reduciuse ao acto formal de constitución da Mesa e de recoñecemento das partes lexitimadas para negociar.

Unha vez máis, a CIG está presente nesta Mesa Negociadora para que a voz dos traballadores e traballadoras das Caixas de Aforros en Galiza se escoite directamente e para trasladar todas as súas xustas reivindicacións.

A primeira xuntanza na que se discutirá sobre contidos reais do convenio colectivo terá lugar o día 29 de marzo ás 16:30 horas. Será entón cando a CIG faga pública a súa plataforma reivindicativa que xirará sobre cinco piares fundamentais:

  • Descentralización da Negociación Colectiva.

  • Recuperación do poder adquisitivo e novas fórmulas de participación no reparto dos beneficios.

  • Regulación das cargas de traballo, con limitación da mobilidade funcional.

  • Creación de emprego estable con dereitos e correcta dotación dos cadros de persoal.

  • Redución da xornada laboral coa libranza dos xoves polo serán.

O sindicato lembra que o anterior convenio colectivo supuxo un recorte nos salarios, nomeadamente do persoal apoderado e do de nova entrada; implantou a mobilidade funcional sen límites, o que está a xerar moita conflitividade en gran parte do sector; abaratou o custe salarial dos contratos temporais e abriu as portas para a externalización e deslocalización dos Centros de Proceso de Datos das Caixas de Aforros.

Así pois, nesta nova negociación débense introducir medidas que solventen estas cuestións.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfConvenio de Aforro 2007, primeiro comunicado da CIG

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta