|
Actualidade CIG-Comunicación-
Humala acadou nas pasadas eleicións en Perú seis millóns de votos, un 47%, gañando en 16 dos 24 departamentos do país. Nesta eleicións saíu elixido presidente Alán García, do APRA, considerado por moitos analistas e toda a esquerda un político corrupto e fiel servidor dos intereses imperialistas e das políticas neoliberais. Ollanta Humala foi apresentado por Alberto Anaya do PT no encontro internacional que se realizou os días 9, 10 e 11 de marzo na cidade de México. Ao Seminario asistiron 107 organizacións duns 40 países, entre elas estaba a CIG. Entre os países representados estaban: Canada, Estados Unidos, México, Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Panamá, Porto Rico, República Dominicana, Cuba, Colombia, Venezuela, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina, Uruguai, Brasil, Portugal, Galiza, Euskadi, Francia, Alemaña, Romanía, Rusia, China, Vietnam, Laos, Corea, Zimbaue. Asemade temos que engadir a presenza de prestixiosos intelectuais da esquerda, como Julio Ganbina, Isabel Rauber, Fermín González, Dario Machado, Jorge Bergstein, Orlando Caputo, Georges Labica, Nestor Kohan, Miguel Urbano, Narciso Isa Conde, etc. Os temas a debate programados eran apaixoantes: o balanzo dos procesos políticos eleitorais e as experiencias de governos de centro esquerda en materia de políticas públicas; libre autodeterminación dos povos, recursos enerxéticos e naturais, e defensa contra as agresións imperialistas. As intervencións que fixeron os representantes das organizacións de Venezuela, Bolivia e Ecuador foron seguidas co máximo interese, xa que son países nos que as mudanzas políticas son máis destacadas, ou poden selo a curto prazo. Tamén, porque dalgún xeito esperábase máis dos seus governos, as exposicións de Brasil, Uruguai e Vietnam serían seguidas con certa expectativa, xa que son procesos menos definidos ou cando menos con moitos interrogantes. Tampouco ficaron sen comentario outras situacións, nomeadamente todo o referente a Oriente Medio, e moi concretamente a ocupación de Iraq e Afganistán. A preparación do evento e todo o relacionado aos medios pra súa realización estivo asemade moi logrado, así como a rapidez coa que editaron os relatorios e resolucións en soporte dixital. |
|||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/03/2007 |
|||||||||||||
|