ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de marzo de 2007

Análise de Virgilio Hernández no XI Seminario Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Ecuador, viraxe a esquerda: Situación política e perspectivas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Virgilio Hernández no XI Seminario Internacional en México; clic para aumentar
Virgilio Hernández é profesor universitario, editor da revista “Entre Voces” e militante de Alternativa Democrática, e con anterioridade militou no movemento Pachakutic. (Fotos: ©galizacig.com).
Virgilio Hernández no XI Seminario Internacional en México; clic para aumentar
vídeo wmvDescarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 23'02'', espazo en disco: 61.357.800 bytes [58,5 Mb]).
 
Virgilio Hernández fixo durante o XI Seminario Internacional realizado na cidade de México os días 9, 10 e 11 de marzo, organizado polo Partido do Traballo deste país, unha análise sobre a evolución da historia política recente do Ecuador e cales son as perspectivas que se abren despois da eleición de Rafael Correa como presidente, e que reproducimos no vídeo anexo.

Virgilio Hernández é profesor universitario, editor da revista “Entre Voces” e militante de Alternativa Democrática, e con anterioridade militou no movemento Pachakutic.

No Ecuador, como en Bolivia, existe unha realidade plurinacional que desde os movementos indíxenas se reivindica coa esixencia de que se recoñeza a todos os efectos, tanto a nivel cultural e lingüístico como administrativo.

Rafael Correa apresentouse ás eleicións con “Movimiento País”, contou co apoio do Partido Socialista, e acadou na segunda volta un 56% dos votos fronte ao neoliberal Xavier Noboa, rico empresario. Na candidatura de Correa ía como vicepresidente Lenin Moreno.

Lembremos que Ecuador é unha nación de 283.000 quilómetros cadrados e uns 14 millóns de habitantes. O país esténdese pola costa do Pacifico, as terras andinas e a zona amazónica. Limita con Colombia e Perú. Produce petróleo.

A maioría da povoación é de etnias indíxenas, que estiveron secularmente oprimidas e marxinadas. Nas últimas décadas desenvolveuse unha forte mobilización dos movementos sociais, especialmente das etnias indíxenas, ao mesmo tempo que aumentaba a dependencia exterior, se dolarizaba a economía, e aumentaba a estratificación social.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta