ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 21 de marzo de 2007

O mércores 21 de marzo, ás 11:30 horas, con saída da
Praza da Quintana

Manifestación do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica en Compostela

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Aula de Informática, clic para aumentar
CIG-Ensino pretende que a Consellaría modifique a súa proposta de reducir a carga horaria obrigatoria e ESO nun 43% na materia de Tecnoloxía, e nun 40% nas materias de Música e Plástica, limitando así a posibilidade de que o alumnado poida recibir unha educación equilibrada en todos os ámbitos do coñecemento.
 
A CIG-Ensino ten convocada para este mércores 21 unha manifestación do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica que partirá da Praza da Quintana ás 11:30 horas e rematará diante da Consellaría de Educación.

Con esta manifestación, CIG-Ensino pretende que a Consellaría modifique a súa proposta de reducir a carga horaria obrigatoria e ESO nun 43% na materia de Tecnoloxía, e nun 40% nas materias de Música e Plástica, limitando así a posibilidade de que o alumnado poida recibir unha educación equilibrada en todos os ámbitos do coñecemento.

CIG-Ensino considera que isto suporía un detrimento da calidade do ensino e perigaría o posto de traballo dun número importante de profesores destas áreas.

Por iso, exixe da Consellaría que revise o proxecto de currículo da ESO para outorgar unha carga horaria obrigatoria de 6 horas a Tecnoloxía, 5 a Plástica e 4 a Música.

 
 
Informacións relacionadas
15/03/2007 Relixión incrementa o mínimo exixido fixado polo MEC, tendo maior carga docente que tecnoloxía, música e educación plástica e visual
CIG-Ensino demanda da Consellaría que reconsidere a súa proposta de currículo da ESO
06/03/2007 Denunciou que non se estea fomentando a participación do profesorado na elaboración dos currículos
CIG-Ensino lamenta a cerrazón da Consellaría a aceptar propostas de distribución horaria das materias da ESO
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta