|
Actualidade CIG-Comunicación-
A protesta foi convocada por varias organizacións políticas, sociais e sindicais, entre as que estaba o Sindicato Mexicano de Electricistas, que o venres realizou ademais unha exitosa mobilización contra a carestía da vida. Fronte a Embaixada dos Estados Unidos fíxose un mitin, que foi escoitado pola maioría dos presentes. Da outra banda do muro metálico había un importe corpo de seguridade, con cascos e escudos. Unha parte dos manifestantes guindou pedras á policía e intentou botar abaixo algunha das reixas metálicas, mentres que desde o palco os oradores pedían calma e unidade. A policía non tardou moito en guindar botes de fume e, a medida que se ían quentando os ánimos, os “granadeiros” (policía especial) aumentaron a represión e cargaron contra os concentrados, causando algúns feridos e detendo a varias persoas. No seguinte vídeo pódense ollar tanto esceas da manifestación como da concentración posterior, así como o que acontecía arredor do palco e os enfrontamentos, a uns 50 metros, entre algúns grupos presentes na mobilización e policías. |
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/03/2007 |
|||||||||||
|