Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 19 de marzo de 2007

Seis días en México e catro protestas
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Protestas en México, clic para aumentar
Un cordón de policías especiais cobren toda a rúa. Ao outro lado hai varias ducias de manifestantes. Coido que hai máis policías que persoas protestando. Unha muller moza sobresae enriba dunha camioneta, desde onde se dirixe aos concentrados e ás persoas que por alí pasan. No discurso acusa pola situación que padecen, e esixe coa valentía dos oprimidos conscientes. (Fotos: ©galizacig.com 08/03/2007).
Protestas en México, clic para aumentar
Protestas en México, clic para aumentar
Unha manifestación de miles de persoas, convocadas polo Sindicato Mexicano de Electricistas (SME), se dirixe en tres columnas ao Zocalo. O motivo da marcha é a oposición á carestía da vida, porén tamén están presentes nos discursos e nas proclamas outros temas, como a loita de Oaxaca e a próxima chegada ao país de Bush.
Protestas en México, clic para aumentar
Protestas en México, clic para aumentar
Protestas en México, clic para aumentar
Protestas en México, clic para aumentar
Protestas en México, clic para aumentar
Os mestres de Oaxaca nos contan as súas reivindicacións, a represión existente no seu Estado cun gobernador cuestionado, que actúa de xeito dictatorial, con métodos noxentos, que debería ser destituído, mais en vez deso enviaron tropas a ocupar a capital. Este é o México da dereita, das alianzas entre o PAN e PRI (pra máis información ver a web asambleapopulardeoaxaca.com).
Protestas en México, clic para aumentar
Cidade de México. Estou con outro compañeiro da CIG nesta cidade de vintecinco millóns de persoas! capital dun país de 2 millóns de quilómetros cadrados e 105 millóns de habitantes, pra asistir ao XI Seminario organizado polo Partido do Traballo, co titulo de “os partidos e unha nova sociedade”. Os temas a desenvolver durante tres días son: Balance de procesos políticos eleitorais e experiencia de governos de centro esquerda en materia de políticas públicas; libre autodeterminación dos povos, recursos enerxéticos e naturais e defensa en contra das agresións imperialistas. Son cuestións de interese, e a representación será importante, e as intervencións pagan a pena.


Mestres de Oaxaca

Estamos a camiñar polo centro da cidade ao segundo día da nosa chegada. Ollamos un edificio antigo, miramos no interior e apreciamos unhas formas fermosas, é o edificio de correios. Ao saír vemos á fronte un campamento formado por 8 ou 10 tendas ateigadas de cartaces e moita xente bulindo nos arredores.

Falamos cos que alí están, son mestres de Oaxaca, que nos contan as súas reivindicacións, a represión existente no seu Estado cun gobernador cuestionado, que actúa de xeito dictatorial, con métodos noxentos, que debería ser destituído, mais en vez deso enviaron tropas a ocupar a capital. Este é o México da dereita, das alianzas entre o PAN e PRI. Axiña chega un autobús, baixan del uns cativos e cativas, supoño que pra lles facer unha visita, e aos poucos os mestres despídense de nós, teñen unha asembleia nunha rúa próxima, onde os discursos lembran inxustiza, sufrimento e valentía. Pídenos que non os esquezamos que divulguemos a súa loita (pra máis información ver a web asambleapopulardeoaxaca.com).

Perto, a policía especial que vixía, como o fai en tantos outros lugares da cidade, sobre todo nos arredores do Zocalo, xa que alí rematan as manifestacións, e ademais está a Casa de Governo. Nas rúas próximas amoréanse os policías especiais, os camións e as tanquetas.

Achegámonos ao Zocalo, unha praza inmensa arrodeada por edificios públicos e a catedral, ao aloxármonos nunha rúa próxima ollamos un cordón de policías especiais que cobren toda a rúa, levan cascos e uns escudos que semellan saídos da época romana polas súas proporcións. Ao outro lado do cordón policial hai varias ducias de manifestantes arrodeados por dous lados polas forzas de seguridade. Coido que hai máis policías que persoas protestando. Unha muller moza sobresae enriba dunha camioneta, desde onde se dirixe aos concentrados e ás persoas que por alí pasan. No discurso acusa pola situación que padecen, e esixe coa valentía dos oprimidos conscientes.


Contra a carestía da vida

Ese mesmo día polo serán, é o oito de marzo, topamos con outra manifestación, neste caso formada por miles de persoas que, convocadas polo Sindicato Mexicano de Electricistas (SME), que se dirixe en tres columnas ao Zocalo. O motivo da marcha é a oposición á carestía da vida, porén tamén están presentes nos discursos e nas proclamas outros temas, como a loita de Oaxaca e a próxima chegada ao país de Bush.

O Sindicato de Electricistas é considerado polos que consulto o máis combativo, mesmo algúns falan de que se trata dunha organización sindical que semella un partido político. En todo caso tanto profesores da universidade, como estudantes, e persoas convidadas ao Seminario organizado polo PT coinciden en que se trata dun sindicato distinto, máis coherente e pelexador.

O martes 13 de novo o SME será unha das forzas convocantes na marcha contra Bush que despois de manifestarse pola Avenida Reforma vaise a concentrar fronte á Embaixada dos Estados Unidos. No acto final hai dúas concentracións, unha arredor do palco onde están as organizacións sociais e sindicais, na outra, a uns 50 metros, hai incidentes cando algúns manifestantes queren botar abaixo unha das vallas do edificio, detrás das que están de novo os policías especiais, que guindan desde alí bombas de fume e balas de goma. Desde o palco piden calma, unidade. A concentración mantense, haberá detidos e lesionados.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta