ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 23 de marzo de 2007

A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Francisco Rodríguez; clic para aumentar
O parlamentar nacionalista repasou a discriminación histórica que as minas galegas de lignito pardo padeceron cando se acordou o Plano Miner I, “despois de moitas mobilizacións sociais, esa discriminación foi agora paliada no Plano Miner II a través das relacións mantidas entre o Goberno bipartito galego e o Ministerio de Industria”, afirmou Francisco Rodríguez, quen puntualizou que “hai cuestións parciais sen resolver” en referencia á situación e o futuro dos traballadores das auxiliares.
 
O BNG conseguiu consensuar no Congreso un acordo co PP e co PSOE para que os traballadores das empresas auxiliares das minas de lignito pardo de As Pontes e Meirama se beneficien das prexubilacións e recolocacións. A proposta foi presentada o pasado 20 de marzo polo deputado nacionalista Francisco Rodríguez na Comisión de Industria.

O acordo pactado polo deputado do BNG co Grupo Socialista e co Grupo Popular consta de dous puntos. Un relativo á cuestión das prexubilacións dos empregados destas empresas auxiliares que insta ao Goberno a “manter criterios, en relación coas prexubilacións do personal das compañías auxiliares pertencentes ás minas de lignito pardo, que permitan a súa incorporación ás empresas principais, sempre que reúnan os requisitos para a súa prexubilación ao amparo do Plano do Carbón 2006-2012, e a través de acordos cos sindicatos”.

E o outro ponto do acordo empraza ao Executivo a “dar prioridade aos proxectos empresariais presentados polo Goberno galego, aprobando axudas na súa máxima intensidade, estabelecidas no Plano do Carbón 2006-2012, para todos os proxectos que cumpran os requisitos, e dese xeito, facilitar a instalación de novas industrias que posibiliten a recolocación dos excedentes mineiros”.

A Comisión de Industria debatía unha proposición non de lei do deputado do BNG, Francisco Rodríguez, sobre a desprotección e a problemática laboral na que se atopan os traballadores das empresas auxiliares das minas de lignito pardo de Endesa Generación de As Pontes, e da empresa Limeisa en Cerceda, minas que rematan a súa explotación mineira en decembro deste ano 2007. “Trátase de non esquecer que hai traballadores de subcontratas que levan máis de 20 e 30 anos de actividade”, afirmou na súa intervención Rodríguez.

Rodríguez aceitou transaccionar un texto final co Grupo Socialista e co Grupo Popular, propiciando así a unanimidade da Cámara.

O parlamentar nacionalista repasou a discriminación histórica que as minas galegas de lignito pardo padeceron cando se acordou o Plano Miner I, “despois de moitas mobilizacións sociais, esa discriminación foi agora paliada no Plano Miner II a través das relacións mantidas entre o Goberno bipartito galego e o Ministerio de Industria”, afirmou Francisco Rodríguez, quen puntualizou que “hai cuestións parciais sen resolver” en referencia á situación e o futuro dos traballadores das auxiliares.

O deputado nacionalista describiu o estado actual no que “existen contradicións e solucións dispares, xa que en Cerceda non hai expectativas para os traballadores e traballadoras das subcontratas, e en As Pontes existen un acordo que recolle a parte, non a totalidade dos empregados das auxiliares”. Lembrou asemade o acordo acadado no Parlamento galego á raíz dunha proposición non de lei do BNG sobre este tema.

 
Descarga en pdf
 
pdfProposición non de Lei relativa á aplicación do Plan Miner II nas minas de Endesa Generación de As Pontes e Limeisa de Cerceda
pdfEnmenda transaccional BNG-PSOE-PP á Proposición non de Lei relativa á aplicación do Plan Miner II nas minas de Endesa Generación de As Pontes e Limeisa de Cerceda

 
 
Informacións relacionadas
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta