|
Actualidade
Vigo, 24 de marzo de 2007
Protestan así pola redución
de carga horaria nos ámbitos artístico e tecnolóxico, fundamentais na formación básica
do alumnado
O profesorado de Plástica decide non participar nunhas xornadas da Consellaría de Educación
| |
 |
| As/os asistentes decidiron non participar nas
xornadas para o profesorado de Plástica, polo que tiveron que ser suspendidas. (Foto: ©galizacig.com 23/03/2007). |
| |
O venres 23 de marzo estaban previstas unhas
xornadas de Plástica, para o profesorado galego desta materia, organizadas pola Consellaría de Educación,
que ían ser inauguradas pola directora xeral de Innovación e Ordenación Educativa. As/os asistentes
decidiron non participar nestas xornadas, polo que tiveron que ser suspendidas.
Segundo explica CIG-Ensino, esta é unha
mostra do rexeitamento dos e das docentes ao trato que a conselleira quere dar ás materias de Plástica,
Música e Tecnoloxía na ESO, reducindo a súa carga horaria nun 40% nas dúas primeiras
materias e nun 43% en Tecnoloxía e impedindo, polo tanto, unha formación integral do alumnado.
Esta é unha medida máis das que
a CIG-Ensino está levando a cabo para que a Consellaría mude de posición, co obxecto de conseguir
un maior equilibrio entre as diferentes áreas, que pasa por outorgar maior carga horaria obrigatoria ás
materias de Tecnoloxía, Música e Plástica na ESO. Estas materias teñen menos carga
horaria lectiva que outras disciplinas como Relixión que incrementa a súa.
Entrega de sinaturas
CIG-Ensino informa que o luns, día 26, ás 11 da mañá, no rexistro da Consellaría
de Educación en Santiago, fará a primeira de varias entregas de sinaturas en defensa dunha maior
carga horaria das materias de Tecnoloxía, Música e Plástica na ESO para acadar unha formación
integral e completa do alumnado.
|