ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 14 de marzo de 2007

Xa foron despedidos 18 traballadores na sede coruñesa desta filial de Telefónica
Os empregados/as de Atento en A Coruña mobilízanse na defensa dos seus postos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Atento na defensa dos postos de traballo; clic para aumentar
Empregados/as coruñeses de Atento, teleoperadora filial de Telefónica, protagonizaron o pasado 12 de marzo dúas concentracións fronte a sede desta empresa na cidade herculina. (Fotos: ©galizacig.com 12/03/2007).
Atento na defensa dos postos de traballo; clic para aumentar
“Queremos que a empresa saiba que en A Coruña non estamos durmindo. Que se cos rumores, a desinformación, as amoestacións e o acoso aos traballadores/as pensan que nos teñen acovardados, están moi equivocados. Que saiban que o que van atopar son traballadores informados dos seus dereitos”, conclúen desde a CIG-Atento de A Coruña.
 
Empregados/as coruñeses de Atento, teleoperadora filial de Telefónica, protagonizaron o pasado 12 de marzo dúas concentracións fronte a sede desta empresa na cidade herculina. Os traballadores/as protestan polos 18 despedimentos que se produciron nos últimos meses e que afectaron mesmo a xente que se atopaba de baixa médica. Atento emprega 1.200 persoas en A Coruña.

Desde a sección sindical da CIG séntense “fartos de que Atento estea despedindo xente sen motivo” para levar os seus postos de traballo a outros países, ademais dos propios datos persoais dos clientes. Ao mesmo tempo, denuncian que nas últimas semanas se produciron varias charlas nos despachos, nas que se deron instrucións os coordinadores/as para que fixesen uns informes sobre os empregados, nos que se valorase o absentismo (xustificado e non xustificado), o cumprimento de obxectivos e a “actitude” (é dicir, as “valoracións” que dos traballadores fagan os coordinadores/as). “Todos oímos rumores sobre o número de despedimentos que podían saír a consecuencia dos informes, pero as Xefas de Equipo de LAP negan este punto”, informan desde a sección sindical da CIG.

“O que parecen as primeiras consecuencias destes informes -engaden- son as amoestacións verbais e sancións (de ata 10 días de suspensión de emprego e soldo) que houbo nas últimas datas en ADSL”. “Queremos que a empresa saiba que en A Coruña non estamos durmindo. Que se cos rumores, a desinformación, as amoestacións e o acoso aos traballadores/as pensan que nos teñen acovardados, están moi equivocados. Que saiban que o que van atopar son traballadores informados dos seus dereitos”, conclúen desde a CIG-Atento de A Coruña.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta