ActualidadeVolver a Actualidade

Vigo, 8 de marzo de 2007

22 paneis contra as discriminacións
Unha exposición da Secretaría da Muller visibilizará nas rúas de Vigo a acción feminista

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com

  8 de Marzo: Muller, participa e loita!, clic para aumentar
Muller, participa e loita!
 
As mulleres da CIG pendurarán decenas de paneis ao longo do percorrido da mobilización que este 8 de marzo terá lugar na cidade de Vigo, despois dunha asemblea de delegadas e delegados na que se fará especial fincapé na importancia da introdución das políticas de igualdade na negociación colectiva para combater a precariedade.

Nesta xornada do Día da Muller Traballadora a Secretaría da Muller da Comarca de Vigo, ademais de participar na devandita asemblea de delegadas e delegados e na mobilización posterior, a través destes paneis quere amosar os atrancos cos que se atopan as mulleres no ámbito laboral e as propostas que desde a Secretaría da Muller se teñen presentado para combater esta situación.

Nesta exposición tócanse distintas temáticas. Por un lado, hai un grupo de paneis que rodearán o Monumento ao Traballo situado na rúa Gran Vía, no que aparecen uns fortes homes tirando dunhas redes. Nestes cartelóns aparecen mulleres redeiras, conserveiras, mariscadoras, traballadoras na lonxa, para valorizar a importante presenza das mulleres como traballadoras no mar; e así criticar esta construción artística e simbólica que baixo o nome de Monumento ao Traballo exclúe e invisibiliza ás mulleres e a súa vital importancia no mundo do traballo.

Monumento ao Traballo; clic para aumentar Monumento ao Traballo; clic para aumentar
Monumento ao Traballo; clic para aumentar   Monumento ao Traballo; clic para aumentar

Outra das cuestións que abordan estes paneis son as distintas campañas e accións que desde a Secretaría da Muller se teñen programado, contra a linguaxe sexista, pola denuncia do acoso, contra a violencia de xénero, contra a precariedade e tamén aparecen as distintas mobilizacións feministas, sociais e sindicais das que a Secretaría da Muller da CIG ten participado.

E por último, un importante número de cartelóns inciden na situación sociolaboral das mulleres, nas categorías profesionais, na necesidade da conciliación, nos atrancos e dificultades cos que se encontran as mulleres, por moita cualificación que teñan, e fronte a iso as medidas que desde a Secretaría da Muller da CIG se propoñen para combater a precariedade e a situación actual das mulleres galegas.

8 de Marzo: Muller, participa e loita!, clic para aumentar 8 de Marzo: Muller, participa e loita!, clic para aumentar

Informacións relacionadas
07/03/2007 Muller, participa e loita!
Asembleas e concentracións en todas as comarcas os días 7 e 8 de marzo
Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais:
“A negociación colectiva é a mellor ferramenta que temos as traballadoras para fixar a igualdade”
06/03/2007 Muller, participa e loita!
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
A taxa de temporalidade da muller acadou o 38,6% en 2006
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio

Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2007
cig.informatica

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta