ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 2 de marzo de 2007

Realizado por FESGA en colaboración coa CIG
Presentado o documental Galiza en Venezuela no Consello de Cultura Galega

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Galiza en Venezuela
Descarga o tráiler. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'22'', espazo en disco: 28.574.836 bytes [27,2 Mb]). Realización: FESGA.
 
Galiza en Venezuela, documental de Fesga e colaboración da CIG, foi presentado o mércores 28 de febreiro na Fundación Torrente Ballester de Santiago de Compostela polo coordinador do proxecto Manuel Mera.

A presentación forma parte do programa de actos organizado polo Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa exposición “SOUTOMAIOR, UNHA TRAVESÍA NO SÉCULO XX”.

Galiza en Venezuela é a primeira achega videográfica da historia da emigración galega, tanto política como económica, a ese país caribeño.

Esta reportaxe, filmada en Caracas, conta cun sólido respaldo documental de filmacións históricas nunca antes exhibidas, así como de material fotográfico inédito do exilio económico e político a Venezuela. O documental trata de reflectir a pegada da emigración galega dende o remate da guerra civil até o proceso revolucionario bolivariano. Por aquí pasan personaxes e feitos intimamente relacionados coa historia do descoñecido exilio galego en Venezuela e acontecementos de primeira orde no contexto internacional, coma o secuestro do paquebote portugués “Santa Maria” en 1961 polo DRIL.

  Galiza en Venezuela; clic para aumentar
Galiza en Venezuela é a primeira achega videográfica da historia da emigración galega, tanto política como económica, a ese país caribeño.
 
Entre os personaxes referidos no documental están Emilio Faro, Rómulo Gallegos, Xosé Sesto, a visita de Otero Pedrayo a Venezuela, o I Congreso da Emigración en Buenos Aires (1956), no que participara Xosé Velo e do que fora a principal figura, o secuestro do Santa María polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL), o escritor e promotor cultural Silvio Santiago, o sindicalista ourensán Alberto Fernández “Mezquita”, Celso Emilio Ferreiro, Xoán Noya, o comandante Jorge de Soutomaior, Julio Formoso, Mariano Otero Castelao, Manolo Gallego, Pura Vázquez, Xulio Formoso e outros.

Galiza en Venezuela rescata para este documental temas musicais galego-venezolanos do primeiro disco de longa duración da música galega, editado en Venezuela en 1970, co titulo “Galicia canta”, como “Un vento vén” ou “Cholo peruán”. Tamén deste disco é o tema adaptado por Luar na Lubre no seu último disco Saudade, “Pandeirada ao Che”.

“Galicia canta” foi un traballo conxunto de Celso Emilio Ferreiro coas letras de Farruco Sesto, Juan Luís Sesto, José Ignacio Sesto, Xulio Formoso e a música do propio Xulio Formoso.

Galiza en Venezuela conta coa participación de Xosé Manuel López Trelles, Manuel Xiráldez, Paulino Núñez, Gonzalo Gómez Freire, Eduardo Meilán, Xurxo Martínez Crespo e Farruco Sesto.

O documental é parte dun proxecto máis cobizoso que inclúe a distribución, xunto co documental, do libro Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica de Xurxo Martínez Crespo, no que a través das foto-biografías de máis de 40 personaxes aparece reflectida a historia fotográfica do exilio galego nestes países. O libro, de próxima aparición, conta cun limiar do ministro do Poder Popular para a Cultura do Goberno Revolucionario Bolivariano de Venezuela, Farruco Sesto.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta