|
Actualidade
A Coruña, 29 de marzo de 2007
O paro foi total nas minas de Meirama e As
Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
| |
 |
 |
| Os operarios das empresas auxiliares das minas
de lignito de Meirama e de As Pontes secundaron ao 100% a xornada de folga do 28 de marzo que fora convocada pola
CIG en nome das asembleas de traballadores.
(Fotos: ©galizacig.com 28/03/2007). |
 |
 |
| Os operarios da mina de Meirama cortaron durante
media hora o tráfico da estrada N-550 á altura de Mesón do Vento (Ordes). |
 |
 |
| Este acto de protesta contou co apoio da Asociación
de Veciños de A Lousa (Cerceda), colectivo que anunciou que respaldará as vindeiras mobilizacións
que protagonicen os traballadores das auxiliares. |
 |
| |
Os operarios das empresas auxiliares das minas
de lignito de Meirama e de As Pontes secundaron ao 100% a xornada de folga do 28 de marzo que fora convocada pola
CIG en nome das asembleas de traballadores. Os empregados demandan unha solución laboral ao seu futuro perante
o peche da actividade extractiva destas dúas concas galegas, previsto para finais deste ano.
Os traballadores das auxiliares de Meirama reclaman,
ao igual que os seus compañeiros de As Pontes, recolocacións e plans de prexubilacións. Censuran
a Fenosa, propietaria de Lignitos de Meirama (Limeisa), por desentenderse deles que, durante todo estes anos, contribuíron
á auxe e consolidación da empresa.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG-A Coruña,
subliñou o éxito desta primeira xornada de loita. Recriminou a CCOO e UGT que fixesen “todo o posíbel
para boicotear a folga” e por ter asinado en Madrid o Plano Miner II “esquecendo e conculcando os dereitos do persoal
das empresas auxiliares da minaría galega”. Para Carril, o seguimento rotundo que tivo este primeiro paro
“evidencia outro fracaso máis de CCOO e UGT”.
Alejandro Barreiro, voceiro dos traballadores
das auxiliares da mina de Meirama, asegurou que só traballaron os servizos mínimos. Apuntou que,
de non cambiar radicalmente a actitude de Limeisa, o calendario de mobilizacións seguirá adiante.
Pola súa banda, Juan José Díaz, portavoz da Coordinadora de Traballadores das Auxiliares do
Carbón de As Pontes, sinalou que o ánimo dos operarios está moi alto despois deste primeiro
día de folga. “As protestas hanse endurecer se non hai resposta satisfactoria por parte da patronal”, engadiu.
Corte tráfico en Mesón
do Vento
Os operarios da mina de Meirama cortaron durante
media hora o tráfico da estrada N-550 á altura de Mesón do Vento (Ordes). Este acto de protesta
contou co apoio da Asociación de Veciños de A Lousa (Cerceda), colectivo que anunciou que respaldará
as vindeiras mobilizacións que protagonicen os traballadores das auxiliares.
Próximas xornadas de folga
10 de abril, 11 de abril, 17 de abril, 18 de abril
e 19 de abril.
|