|
Actualidade
Santiago, 15 de marzo de 2007
Os conselleiros de Industria e Traballo confirman
que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
| |
 |
| Concentración, corte de tráfico
e manifestación arredor do edificio administrativo da Xunta de Galiza de San Caetano, en Compostela, centraron
os actos de protesta dos máis de 300 traballadores en demanda dun inmediato cambio de trazado do TAV ao
seu paso por Vedra e Boqueixón que permita a continuidade da mina de Serrabal. (Fotos: ©galizacig.com 14/03/2007). |
 |
 |
 |
| Nos actos convocados nesta xornada participaron
ademais o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, o secretario nacional da Federación de Químicas e
Enerxía, Abelardo Landeira, da Executiva Nacional da Federación do Metal e unha ampla representación
da CIG de Compostela, para manifestar o apoio da central ás demandas dos traballadores. |
| |
Traballadores de Ferroatlántica en Cee,
Sabón e Ramsa cortaron o tráfico na mañá do mércores 14 de marzo en demanda
dun cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade (TAV) que viabilice os postos de traballo. Os traballadores demandaban
tamén entrevistas cos conselleiros de Industria e Traballo que se confirmaron no decurso da propia concentración.
Concentración, corte de tráfico
e manifestación arredor do edificio administrativo da Xunta de Galiza de San Caetano, en Compostela, centraron
os actos de protesta dos máis de 300 traballadores en demanda dun inmediato cambio de trazado do TAV ao
seu paso por Vedra e Boqueixón que permita a continuidade da mina de Serrabal.
Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela,
explica que “levamos tres anos de mobilizacións, con maior intensidade nos últimos meses, e agardamos
que a Xunta de Galiza se implique na defensa dos postos de traballo e exixa do Ministerio de Fomento que o TAV
non afecte aos terreos da mina para que poida continuar a explotación”.
No decurso da propia mobilización os traballadores
conseguiron que tanto o conselleiro de Industria como o de Traballo confirmaran entrevistas, o primeiro para o
martes da próxima semana e o outro o martes da seguinte.
Nos actos convocados nesta xornada participaron
ademais o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, o secretario nacional da Federación de Químicas e
Enerxía, Abelardo Landeira, da Executiva Nacional da Federación do Metal e unha ampla representación
da CIG de Compostela, para manifestar o apoio da central ás demandas dos traballadores.
|