ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de marzo de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
Salarios: AEB non sabe, non contesta
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
A Federación de Banca da CIG fixo pública a súa Plataforma reivindicativa para este convenio, aprobada na Asemblea nacional de delegados e delegadas celebrada o pasado día 15 de febreiro en Compostela.
 
Comezamos as negociacións do convenio cunha exposición da Plataforma que presentamos á Patronal; pensamos que debemos incluír fórmulas redistributivas que nos permitan participar da boa marcha económica das empresas. Neste senso dende a CIG queremos que a suba dos salarios e a redución de xornada (en sábados libres), vertebre a negociación do Convenio colectivo da Banca Privada 2007.

Presentamos unha proposta real, entendendo que levamos moitos anos cun convenio anticuado que só beneficia a patronal, pouco moderno e anquilosado, nada representativo das empresas nas que prestamos os nosos servizos.


Propostas CIG en materia salarial

Suba Salarial: IPC ano 2006 + 3 puntos, o que equivale a un 5,7% de aumento.

Limitación dos complementos: Solicitamos que se transformen en complementos fixos todas as retribucións pactadas individualmente a nivel de empresa, sendo recoñecidas como salarios pensionables. Calquera complemento de nova creación a nivel de empresa deberá ser negociado coa representación sindical.

Creación paga compensatoria: Queremos que o salario perdido nos últimos 15 anos sexa compensado coa creación dunha paga extra que compense as perdas acumuladas anteriores.

Nova formulación da paga de beneficios: Queremos participar de forma máis coherente nos beneficios dos bancos, debemos articular e acordar unha fórmula para que os traballadores e as traballadoras podamos ter unha participación nos beneficios máis real que a existente.

Contestación AEB: As plataformas sindicais encarecen globalmente un 25% ou 30%, a suba salarial debe ser moderada. Seguindo coa tónica doutros anos non fan contraproposta de ningún tipo.

Contestación CIG: Fixemos unha exposición enumerando as perdas acumuladas nos sucesivos convenios, co que quedan máis que xustificadas as subas solicitadas, indicándolle á patronal que, de ser certo o feito de que coas propostas presentadas nas plataformas a suba salarial signifique o 25% ou 30%, con iso se conseguiría a redención salarial histórica da cuantiosa perda de poder adquisitivo acumulada.

Na próxima reunión do día 15 temos previsto falar da xornada, e por suposto matizar todo o que sexa preciso no tema de salarios.


Galiza, 6 de marzo de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfSalarios: AEB non sabe, non contesta
pdfPlataforma da CIG para o Convenio de Banca

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta